InicioEconomíaStellantis realiza unha nova parada na planta de Vigo pola falta de...

Stellantis realiza unha nova parada na planta de Vigo pola falta de aprovisionamentos

Os problemas de falta de microcomponentes obrigaron á fábrica viguesa a suspender a súa produción en numerosas ocasións ao longo dos últimos meses e ha eliminar de forma temporal a quenda de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolúmenes).

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta do grupo Stellantis en Vigo volverá paralizar a súa produción de forma parcial en próximos días, debido á falta de aprovisionamentos derivada da crise global dos microchips, segundo trasladaron fontes da empresa ao persoal.

Así, a dirección da factoría informou da suspensión de actividade na cuarta quenda do sistema 1 (o que monta o Peugeot 2008, o Peugeot 301 e o C-Elysée) o luns e en todas as quendas dese mesmo sistema nos días 2 e 3 de novembro. A previsión é renovar a actividade na quenda de mañá do próximo xoves.

Os problemas de falta de microcomponentes obrigaron á fábrica viguesa a suspender a súa produción en numerosas ocasións ao longo dos últimos meses e ha eliminar de forma temporal a quenda de fin de semana do sistema 2 (o que monta as furgonetas e monovolúmenes).

De feito, o persoal está afectada por un ERTE aprobado a finais de marzo pasado para afrontar esa continxencia e o propio director da fábrica, Ignacio Bueno, admitiu hai uns días que “con toda seguridade” haberá que negociar outro expediente de regulación de emprego para o ano 2022.

ÚLTIMAS

Prisión provisional para a muller detida polo homicidio dun home sen fogar na antiga estación de autobuses de Vigo

A muller detida como presunta autora da morte dun home acoitelado na tarde do...

Caballero, ao coñecer que León impartirá Medicina en 2026: “A Vigo, a Xunta négalle unha facultade. É un escándalo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou de novo contra a Xunta de Galicia...

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...