InicioVigo e contornaVigoO Partido Comunista celebra o seu centenario cun acto en Teis

O Partido Comunista celebra o seu centenario cun acto en Teis

Contará coa presenza de Eva Solla, Xesús Alonso Montero e Manuel Peña-Rey, entre outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un 14 de novembro de 1921 fundouse o Partido Comunista de España (PCE), unhas das principais formacións de aspiración marxista-leninista na historia do Estado e que seguiu a xogar un papel de relevancia nos anos da Transición e o último franquismo, con Santiago Carrillo á cabeza.

Para conmemorar a efeméride, o Partido Comunista de Galicia (PCG), división da estrutura do PCE en Galicia, vén de convocar un acto na honra da efeméride que terá lugar o vindeiro de 30 de outubro en Vigo. Celebrarase no auditorio de Teis e contará con “militancia de toda Galicia”, segundo apuntan dende a formación.

Á cabeza da cita estarán Manuel Peña-Rey, presidente de honra do PCG, Alberto Franco, secretario da Xuventude Comunista, Mauricio Valiente, director da Comisión do Centenario e membro do secretariado do PCE, e a propia Eva Solla, secretaria xeral do PCG dende 2014.

Ás intervencións destes líderes unirase a “memoria viva” de militantes que a través da súa experiencia relatarán o papel xogado polos comunista no mundo do traballo, na consecución de avances nos dereitos das mulleres ou na construción do tecido cultural, inciden dende a formación. De aí que se conte con figuras históricas da altura do primeiro secretario xeral das Comisións Obreiras en Vigo, Waldino Varela, ou do ex-presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero, estarán acompañados de “novos valores do partido no país”.

Ademais destas intervencións, o acto abrirase cun recital poético-musical, e estará acompañado dunha exposición fotográfica sobre a vida das militantes do Partido Comunista de Galicia. O acto terá lugar no auditorio da Oficina Municipal do Distrito de Teis, cedido pola concellería de participación cidadá de Vigo,

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...