InicioSociedadeComeza a demolición da ETEA onde se construirá a residencia de maiores

Comeza a demolición da ETEA onde se construirá a residencia de maiores

A demolición dos inmobles liberará a parcela na que a Fundación Amancio Ortega construirá a nova residencia de maiores, cun investimento de 15 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A demolición dos edificios do cuartel de mariñeiría e o cuartel de alumnos da antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada (ETEA) en Vigo comezou este luns, e supón o primeiro paso cara á construción do centro integral de atención a persoas maiores nesa zona do barrio de Teis.

Estes dous edificios levan anos en desuso e foron construídos nos anos 60 e 70 do século pasado. A demolición dos inmobles liberará a parcela na que a Fundación Amancio Ortega construirá a nova residencia de maiores, cun investimento de 15 millóns de euros. O centro contará con 150 prazas e permitirá, segundo a consellería de Política Social, a creación de 140 postos de traballo.

A administración autonómica confirmou que as obras de demolición terán unha duración aproximada de dous meses. Ademais desta, a Fundación Amancio Ortega impulsará a creación de residencias de maiores no resto de grandes cidades de Galicia.

A construción dunha residencia de maiores nos terreos da antiga ETEA de Vigo xa foi anunciada en marzo de 2017 polo entón conselleiro de Política Social, José Manuel Rey. En setembro de 2019 confirmouse que a infraestrutura se faría con cargo a fondos doados pola Fundación.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...