InicioSociedadeA veciñanza de Teis denuncia o "desplante" do Concello coa nova biblioteca

A veciñanza de Teis denuncia o “desplante” do Concello coa nova biblioteca

As Anpas e entidades veciñais rexeitan unha mera sala de lectura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Anpas e entidades veciñais de Teis criticaron este xoves que o goberno local non lles facilita información concreta sobre a nova biblioteca que se anunciou para o barrio, no edificio do antigo ambulatorio, e que tampouco lles garante que será unha instalación cultural con fondos para préstamo e non unha simple sala de lectura.

Así o trasladaron nunha comparecencia ante os medios, na que lembraron que levan tempo demandando ao Concello “información e participación” en relación a este proxecto, e criticaron que antes do verán solicitaron reunirse con todos os grupos municipais para coñecer as súas propostas e opinións. “Todos os partidos políticos participaron, excepto o PSOE”, lamentaron.

Así mesmo, explicaron que, “tras a insistencia das organizacións do barrio”, conseguiron que o concelleiro de Cultura, Abel Losada, mantivese un encontro con dous representantes das Anpas. “Nesa reunión, o Concello non aclara algo básico para nós: que a biblioteca que se vai a inaugurar no barrio vai ter libros en préstamo e persoal bibliotecario, estándares mínimos para poder chamarse biblioteca”, lamentaron.

Segundo apuntaron, tras esa reunión o goberno local comprometeuse a fixar un novo encontro para setembro, para que representantes municipais acudisen ao barrio a explicar ás organizacións os trámites que se están realizando e escoitar as súas propostas.

Chegado o mes de outubro, denunciaron que o Concello non deu resposta ás “reiteradas peticións de reunión”, facendo un “desplante” á veciñanza de Teis. Finalmente, advertiron de que non atopan “por ningunha parte” a licitación do proxecto, cuxas obras “deberían empezar este ano”.

ÚLTIMAS

Piden case 5 anos de cárcere para un acusado de agresión sexual a un menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...