InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero: "O meu partido é a cidade de Vigo"

Abel Caballero: “O meu partido é a cidade de Vigo”

Elude falar das primarias do PSdeG, no que o seu sobriño Gonzalo Caballero loitará con González Formoso por manter o liderado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu eludir este xoves pronunciarse sobre do proceso de primarias para elixir ao líder do PSdeG, proceso no que rivalizan o actual secretario xeral (e o seu sobriño), Gonzalo Caballero, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e insistiu en que a súa faceta política céntrase no seu labor como alcalde e como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Así, nunha rolda de prensa e a preguntas dos xornalistas, o rexedor olívico proclamou: “O meu partido, metaforicamente, é a cidade de Vigo”. Caballero lembrou, no entanto, que xa ten “unha importante presenza” no ámbito orgánico do PSOE, xa que forma parte da Executiva Federal como presidente da FEMP.

Segundo recalcou, ademais de exercer como alcalde de Vigo, que é a súa “paixón”, tamén está na dirección federal do PSOE e á fronte do organismo que representa a máis de 8.000 alcaldes, alcaldesas e responsables de entidades locais. “Xa é suficiente”, chanceou.

Finalmente, aínda que sinalou que segue o proceso de primarias en Galicia, aclarou que non está “nesa dialéctica”. “Nin tan sequera estou no ámbito político de actuación de Galicia”, resolveu.

ÚLTIMAS

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

A Fiscalía solicita 3 anos e medio de cárcere para a dona dunha empresa de carpintaría por empregar persoal sen dar de alta na...

A dona dunha empresa de carpintaría enfróntase a unha petición de 3 anos e...