InicioSociedadeUVigo terá este curso 277 alumnos estranxeiros, aínda por baixo de cifras...

UVigo terá este curso 277 alumnos estranxeiros, aínda por baixo de cifras prepandemia

Con respecto a estes alumnos, o campus de Vigo concentra o maior número de matriculados doutros países (que chegan a través do programa Eramus, ISEP ou convenios bilaterais), con 222 estudantes; seguido polo campus de Pontevedra, con 30 alumnos estranxeiros, e o de Ourense, con 25 alumnos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os programas de mobilidade internacional da Universidade de Vigo recuperan o seu pulso e, aínda que non se alcanzaron as cifras previas á pandemia de Covid, o número de estudantes estranxeiros na institución académica no curso 2021-22 será máis do dobre que os matriculados no curso anterior.

Así, segundo confirmou a vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación, Maribel Doval, este curso matriculáronse 277 estudantes doutros países para facer, ou ben un cuadrimestre, ou ben o curso completo en Vigo, fronte aos 118 estudantes estranxeiros do curso pasado.

Estas cifras, a pesar de estar aínda por baixo dos 412 estudantes foráneos matriculados no curso 2019-2020, evidencian unha recuperación deste tipo de alumnado e, segundo Doval, permiten “ser optimistas” para pensar que se está no camiño de volver á situación prepandemia.

Con respecto a estes alumnos, o campus de Vigo concentra o maior número de matriculados doutros países (que chegan a través do programa Eramus, ISEP ou convenios bilaterais), con 222 estudantes; seguido polo campus de Pontevedra, con 30 alumnos estranxeiros, e o de Ourense, con 25 alumnos.

O centro que máis estudantes acollerá será a Facultade de Filoloxía e Tradución, con 82 alumnas e alumnos; mentres que 40 matriculáronse na facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, e outros 35 na Escola de Enxeñaría Industrial. No campus de Pontevedra, o centro con máis estranxeiros matriculados, 11, é a facultade de Ciencias da Educación e do Deporte; seguido por Ciencias Sociais e da Comunicación, con 10 alumnos. En Ourense, destaca a facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, que recibe a 13 estudantes estranxeiros.

Estes alumnos proceden de 25 países distintos, e os grupos maioritarios son os que chegan desde universidades francesas (56 alumnos), alemás (52 estudantes) e italianas (45 estudantes). Ademais, hai estudantes de Polonia, Turquía, Reino Unido, República Checa, Portugal, Colombia, Romanía, Eslovaquia ou México, entre outros.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...