InicioVigo e contornaVigoA Xunta responde a Abel Caballero e acúsao de "falsidades" contra a...

A Xunta responde a Abel Caballero e acúsao de “falsidades” contra a lei do ciclo da auga

Asegura que "nin sequera leu" o texto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta lamentou este venres que o alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, desacredite “con falsidades” a nova lei que se está tramitando para a mellora do ciclo da auga, e criticou que, a pesar de ser representante de todos os concellos, “esquece” os problemas dos municipios máis pequenos, que teñen dificultades para xestionar o seu saneamento e abastecemento.

En declaracións remitidas aos medios, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, lembrou que a administración autonómica está a tramitar este marco normativo precisamente polas dificultades dos municipios, especialmente os máis pequenos, para xestionar o ciclo da auga.

Esta xestión, apuntou, “é custosa e complicada” e, se se fai mal, pode haber repercusións na calidade da auga, e iso “págano os cidadáns, o medioambiente, a pesca, a saúde pública ou o turismo”. Nese contexto, Ethel Vázquez sinalou que esta lei impúlsase para garantir o bo funcionamento dese ciclo da auga, e así a Xunta “está disposta a asumir de forma voluntaria” esa xestión nos concellos “que o necesiten”.

“Pero lamentamos que o Concello de Vigo e o seu alcalde, que é presidente da FEMP, se desentenda de axudar aos concellos en algo tan complexo como a calidade da auga, e que renuncie a esa colaboración entre administracións”, apuntou a conselleira. Segundo Ethel Vázquez, o alcalde olívico (que alertou sobre a “intromisión” da lei en competencias locais) “desatende eses obxectivos, nin tan sequera le a lei e desacredítaa con falsidades”, a pesar de que a norma está pensada para “axudar aos concellos”.

Respecto diso, a conselleira criticou que Abel Caballero “despreza a importancia” do ciclo da auga e, a pesar de ser presidente da FEMP, “esquece os problemas reais que teñen os concellos pequenos, e mesmo os grandes”. De feito, sinalou que tamén Vigo “necesitou axuda da Xunta” para ter unha nova depuradora ou para “solucionar os seus problemas en relación coa auga”.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...