InicioVigo e contornaVigoVigo mantense por debaixo dos 500 casos tras rexistrar 16 altas

Vigo mantense por debaixo dos 500 casos tras rexistrar 16 altas

Mantén sete persoas en UCI.

PUBLICADO O

O número de contaxios diarios por Covid repuntou lixeiramente nas últimas horas en Galicia, con 112 casos novos rexistrados (37 máis que na xornada anterior), aínda que seguen descendendo o número de pacientes coa infección hospitalizados (de 149 a 134) e o número total de persoas coa enfermidade (de 3.249 a 3.010).

Así se reflicte nos datos feitos públicos polo Sergas este mércores (que recollen información ata as 18,00 horas do día anterior), nos que se mostra que os novos contaxios incrementáronse en todas as áreas sanitarias, salvo na de Pontevedra.

Na área sanitaria da Coruña rexistráronse nas últimas 24 horas 32 novos casos (9 máis que na xornada anterior), mentres que na área de Vigo son 23 os contaxios novos, 3 máis que na pasada xornada. Con todo, os casos covid en Galicia baixan aos 3.010, 239 menos que no día pasado, dos cales 464 están en Vigo, 16 por debaixo do martes. Vigo é a cuarta área sanitaria por contaxios, detrás da Coruña, Lugo e Santiago.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, en cifras globais reduciuse o número de pacientes ingresados, tanto en UCI como en unidades convencionais de hospitalización. Así, pasouse de 37 a 35 pacientes en coidados críticos, e de 112 a 99 enfermos ingresados en planta.

A área da Coruña ten o maior número de enfermos graves, 12 persoas; na área sanitaria de Vigo son 7 os pacientes en UCI, na área de Ourense segue habendo 6 persoas en UCI, na área de Pontevedra hai 3 (unha menos), na área de Lugo hai outros 3 enfermos de Covid en coidados críticos, na área de Santiago seguen 2 pacientes en UCI e na área de Ferrol hai outros 2 (un menos que hai un día).

FALECIDOS, CURADOS E PROBAS

Desde o inicio da pandemia curáronse do Covid 175.742 persoas, das que 350 recibiron o alta epidemiolóxica nas últimas horas. Por contra, faleceron coa enfermidade 2.610 persoas. Os últimos decesos comunicados por Sanidade son os de dous homes, ambos de 82 anos de idade, e que estaban ingresados no hospital Povisa de Vigo e no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, respectivamente.

En canto ás probas diagnósticas, en Galicia realizáronse, desde o inicio da crise sanitaria, case 2,8 millóns de PCR (3.489 nas últimas 24 horas), case 820.000 probas de antíxenos e máis de 1,1 millóns doutro tipo de probas. Segundo Sanidade, a taxa de positividade das probas PCR (o número de infeccións detectadas cada 100 test) situouse nas últimas horas no 3,23 %, por baixo do 5 % que a OMS determina como limiar para dar por controlada a pandemia.

VACINACIÓN

Mentres, segue avanzando o proceso de vacinación en Galicia e, segundo os datos publicados polo Sergas, nas últimas horas (nas que se seguiu vacinando nos campus universitarios) recibiron doses da vacina contra o Covid outras 21.166 persoas, das que 19.709 completaron a súa pauta de vacinación (dobre dose).

Así, en Galicia administráronse un total 4.281.262 dose da vacina e xa hai 2.197.577 persoas coa pauta completa. Isto supón que está inmunizado o 89,5 % da poboación diana (maiores de 12 anos) e o 81,4 % da poboación total da Comunidade.

ÚLTIMAS

Estudantes de Vigo e Monforte álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presenta a súa renuncia para centrarse na súa actividade no Congreso

A concelleira do PP de Vigo Irene Garrido presentou este venres a súa renuncia...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser "a primeira liña de...

O TSXG confirma a sentenza dun xulgado de Vigo que declaraba legal a prórroga do servizo municipal de auga

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza ditada en 2022...