InicioPolíticaA Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade viaria na PO-330

A Xunta autoriza as expropiacións para mellorar a seguridade viaria na PO-330

Será no seu paso por Valadares e Pereiró, no Concello de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xunta deu este xoves luz verde ao decreto polo que se declara a utilidade pública e disponse a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar as obras de mellora da seguridade viaria na PO-330, ao seu paso por Valadares e Pereiró, no Concello de Vigo.

O investimento que o Goberno galego destinará a esta actuación é de case 1,85 millóns de euros, nos cales se inclúe o pago dos 36 predios necesarios para a súa execución.

Esta intervención, conforme indicou a Xunta, ten como obxectivo desenvolver un conxunto de actuacións integrais ao longo de case 7 quilómetros da vía autonómica na procura do reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade nestes núcleos para evitar un tramo de concentración de accidentes.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade convocará o levantamento das actas previas no cuarto trimestre do ano, coa previsión de licitar e executar as obras no ano 2022. Os traballos contan cun prazo de execución de dez meses.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...