InicioEconomíaStellantis Vigo atrasa un día a reactivación do sistema 2, que está...

Stellantis Vigo atrasa un día a reactivación do sistema 2, que está parado desde o luns pola falta de ‘chips’

PUBLICADO O

- Advertisement -

A planta de Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) alongará un día máis a parada do seu sistema 2 de produción, o que monta furgonetas e monovolúmenes, debido á falta de aprovisionamentos xerada pola chamada ‘crise dos microchips’.

A empresa comunicou nas últimas horas aos traballadores que o sistema 2 renovará a súa actividade este venres 10 de setembro, en lugar do xoves 9, como estaba previsto. Este sistema leva ‘parado’ desde o pasado luns e, do mesmo xeito que o sistema 1 (que monta o Peugeot 2008, o Peugeot 301, e o C-Elysée), sufriu interrupcións constantes na súa produción desde hai meses, debido a eses problemas de aprovisionamento.

De feito, tras a volta das vacacións de verán, os dous sistemas traballaron só unha semana, antes de ter que volver suspender a produción.

ÚLTIMAS

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...

O Concello de Vigo iniciará “nos próximos días” as obras de impermeabilización do pavillón de Navia

O Concello de Vigo iniciará "nos próximos días" as obras de impermeabilización da cuberta...

PP pedirá no Pleno de Vigo o cesamento do concelleiro responsable do servizo de bus ante o “posible amaño” do concurso

O grupo municipal do PP en Vigo presentará unha moción no Pleno que se...