InicioSucesosPiden penas que suman 5 anos de cárcere para dous responsables na...

Piden penas que suman 5 anos de cárcere para dous responsables na obra do AVE polo atropelo dun empregado

O prexudicado renunciou a toda acción civil ou penal que puidese corresponderlle, tras ser debidamente indemnizado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 5 anos de cárcere para o xerente dunha empresa e o encargado dunha obra como responsables das lesións que sufriu un traballador, que foi atropelado por un motovolquete e que resultou con feridas graves. Ambos serán xulgados na sala do Penal número 2 de Vigo este mércores.

Segundo o escrito de acusación pública, o accidente ocorreu o 24 de marzo de 2014, cando o prexudicado atopábase realizando traballos de montaxe e renovación de vía férrea no túnel construído entre Redondela e Vigo para a conexión por AVE do Eixo Atlántico.

Nun momento determinado, outro obreiro que conducía marcha atrás un vehículo tipo motovolquete atropelouno, causándolle lesións graves: antepé dereito ‘catastrófico’, amputación traumática de varias falanxes, fractura de peroné dereito, rotura completa do ligamento lateral do xeonllo e rotura de menisco.

Estas lesións e as súas secuelas obrigárono a someterse a 4 intervencións cirúrxicas e a un proceso de rehabilitación que, no entanto, non impediu que o INSS declarase a súa “incapacidade total”.

ACTUACIÓN DOS ACUSADOS

O ministerio pública sinala no seu escrito que o xerente da empresa sabía que o condutor do vehículo non tiña formación específica para levar este tipo de máquina, e aínda así lle permitiu manexala, “pondo en perigo a vida e a integridade” dos seus compañeiros e a propia.

Ademais, este acusado tampouco comunicou á empresa de prevención de riscos laborais externa a formación que tiñan os traballadores, polo que esta empresa non puido coñecer as necesidades e facer un programa adecuado de formación.

Con respecto ao segundo acusado, encargado da obra, a Fiscalía sostén que foi o que ordenou ao condutor que manexase o vehículo, “sen cerciorarse” de se tiña formación ou carné adecuado. A iso únese o feito de que o avisador luminoso do motovolquete non funcionaba, que a zona de manobras non estaba balizada nin sinalizada, e que non había ninguén que o guiase.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, o ministerio público considera aos acusados autores dun delito de lesións por imprudencia e outro contra os dereitos dos traballadores.

Para cada un deles pide a pena de 2 anos e medio de cárcere. Así mesmo, para o primeiro solicita a inhabilitación para exercer como administrador ou xerente de empresas durante o tempo de condena, e para o segundo solicita a inhabilitación para exercer como encargado de obra polo mesmo período.

O prexudicado renunciou a toda acción civil ou penal que puidese corresponderlle, tras ser debidamente indemnizado.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...