InicioSociedadeImportante descenso da presión hospitalaria por Covid

Importante descenso da presión hospitalaria por Covid

Hai seis pacientes menos en planta e un menos na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos de evolución da covid publicados este mércores pola Consellería de Sanidade reflicten que continúa a evolución positiva da pandemia en Galicia, posto que melloran todos os indicadores. Aínda que os novos contagios repuntan lixeiramente e exceden os 300, a taxa de positividade das PCR (o número de positivos por cada 100 probas realizadas) continúa sendo inferior ao límite do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

Ademais, as infeccións activas continúan á baixa, con 210 negativos máis nas últimas 24 horas, e a presión hospitalaria prosegue na liña de alivio que viña marcando nos últimos días, con 16 pacientes menos ingresados por covid nos hospitais galegos.

Así, segundo eses datos (que reflicten información solicitada ata as 18,00 horas do martes), nas últimas 24 horas rexistráronse 329 novos contaxios por Covid en Galicia, fronte aos 269 notificados un día antes. Segundo notificou o Sergas, na última xornada detectáronse42 casos na área de Vigo, 54, que segue con 1.347 casos activos (44 menos), por detrás da área sanitaria da Coruña e Lugo.

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas horas contabilizáronse 52 pacientes en UCI (tres menos que nas últimas 24 horas) e 156 hospitalizados en unidades convencionais (13 menos). Por áreas, baixa en cinco das sete zonas sanitarias. O descenso máis marcado en canto a carga asistencial rexístrase na área de Vigo, con 27 hospitalizados en plantas covid (-6) e dez en UCI (-1). 

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...