InicioVigo e contornaVigoExcarceran ao condutor dun camión tras envorcar en Vigo

Excarceran ao condutor dun camión tras envorcar en Vigo

O suceso aconteceu ás 11:00 horas deste luns na vía VG-20 á altura de Beade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Bombeiros de Vigo excarceraron ao condutor dun camión que resultou ferido tras quedar atrapado no interior do camión, segundo informa o servizo de emerxencias 112. Ao redor das 11,00 horas deste luns, un particular avisaba dun camión de obra envorcado despois de saírse da vía na VG-20, á altura de Beade, dirección Baiona, no concello de Vigo.

No seu relato, advertía de que o condutor podía estar atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos bombeiros.

Así mesmo, foron informados os axentes de Tráfico, da Policía Local, os efectivos de Protección Civil e o persoal do servizo de mantemento da autovía. Unha vez no punto e tras ser liberado, os servizos sanitarios confirmaron o seu traslado ao centro hospitalario.

ÚLTIMAS

O xefe de equipo rompe a chorar no xuízo polo operario morto en Cardama: “Lévoo cargando estes anos”

O xefe de equipo do estaleiro Cardama, un dos acusados pola morte dun operario...

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...