InicioSociedadeA quinta onda avanza en Vigo: duplícanse os contaxios rexistrados e sobe...

A quinta onda avanza en Vigo: duplícanse os contaxios rexistrados e sobe a presión hospitalaria

Son tres persoas máis ingresadas en Unidades Convencionais e outras dúas en UCI. Os casos activos baixan en 58.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade este mércores (e que se corresponden con información solicitada ata as 18,00 horas do martes) reflicten unha repunta nos contaxios de Covid-19 en Galicia, con crecemento en todas as áreas, especialmente na de Vigo, onde os novos casos detectados son máis do dobre que os do día anterior.

Así, nas últimas horas rexistráronse en Galicia 597 contaxios (fronte aos 404 detectados 24 horas antes), aínda que o número total de casos activos descendeu, de 13.076 a 12.730 (346 casos activos menos). Por áreas, o maior incremento no número de contaxios rexistrouse na área sanitaria de Vigo, onde hai 143 persoas contaxiadas máis por Covid, e onde os novos casos detectados son máis do dobre da xornada anterior (este martes notificáronse 62 novos contaxiados).

O número de casos activos (persoas que padecen a infección) descendeu no cómputo global, e tan só a área de Lugo rexistrou un leve ascenso. A área con máis casos activos de Covid é A Coruña, con 4.029 (188 menos que hai 24 horas); séguelle Vigo con 3.134 casos (58 menos); a área de Lugo ten 1.344 (14 máis); na área de Pontevedra hai notificados 1.295 casos (56 menos); en Santiago son 1.259 os casos activos (31 menos); en Ferrol hai 878 casos (21 menos); e en Ourense hai 791 casos (6 menos).

PRESIÓN HOSPITALARÍA

Con respecto á presión hospitalaria, nas últimas 24 horas non se produciron variacións substanciais. Así, mantéñense 63 persoas ingresadas en Unidades de Coidados Intensivos de hospitais galegos: 21 na Coruña, 10 en Vigo (2 máis), 10 en Ferrol (un máis), 7 en Lugo (un menos), 6 en Ourense (un menos), 5 en Santiago, e 4 en Pontevedra (un menos).

Nas unidades convencionais de hospitalización hai 259 persoas ingresadas, o que supón 4 menos que a xornada precedente: 73 ingresados en ‘planta’ na Coruña; 62 na área de Vigo (+3); 30 en Lugo; 30 en Santiago (dous menos); 28 en Pontevedra (tres menos); 25 ingreados en ‘planta’ en Ourense (tres menos); e 11 na área de Ferrol (un máis).

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...