InicioSociedadeAbel Caballero anuncia control policial durante a ponte ante botellóns e festas

Abel Caballero anuncia control policial durante a ponte ante botellóns e festas

O alcalde de Vigo lembrou que un botellón este fin de semana significará novos contaxios en próximos días e, "aínda que pareza que non pasa nada, si que pasa, e moito".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu este venres de que se reforzará a vixilancia policial este fin de semana para evitar “botellóns indebidos e indesexados, festas ilegais e reunións mal feitas“, e pediu non cometer “insensateces” porque os contaxios non só repercuten na saúde, senón tamén na economía.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico constatou que, á luz da evolución da pandemia, a cidade vai “por boa senda”, reducindo progresivamente a incidencia acumulada da Covid, pero incidiu en que esa tendencia debe manterse e advertiu de que este fin de semana, máis longo do habitual pola festividade do luns de San Roque, haberá vixilancia policial enfocada a evitar ese tipo de reunións.

Respecto diso, lembrou que un botellón este fin de semana significará novos contagios en próximos días e, “aínda que pareza que non pasa nada, si que pasa, e moito”. “Os botellóns son contaxio, risco, enfermidade e economía que cae”, proclamou.

Así, Abel Caballero apuntou que a campaña turística de verán está “a ir moi ben” en Vigo, e pediu non truncar esas boas expectativas, á vez que reiterou que a hostalaría está a ter un “comportamento moi bo” en termos de prevención do Covid e “é segura”.

ÚLTIMAS

Buscan en Nova Zelandia a un mariñeiro galego que viaxaba a bordo dun palangreiro con base en Vigo

Efectivos de procura tratan de localizar a un mariñeiro galego, un xefe de máquinas...

Trasladada ao hospital con queimaduras unha veciña de Vigo tras un incendio na súa vivenda

Unha veciña de Vigo foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ao resultar ferida, con...

Vigo tomado por miles de “papanoeles” con fins solidarios

A tradicional "Papanoelada" de Vigo volveu a encher a cidade olívica de vehículos de...

Achan a 2 persoas falecidas en senllos pisos en Vigo, sendo necesaria a intervención dos bombeiros para abrir un

Dúas persoas foron achadas mortas na mañá deste venres en Vigo en senllos pisos...