InicioVigo e contornaRedondelaO novo comisario da Policía Nacional en Vigo avanza un "traballo moderno"...

O novo comisario da Policía Nacional en Vigo avanza un “traballo moderno” cun equipo “moi preparado”

O incremento da presenza policial uniformada, a loita contra a ciberdelincuencia, a violencia de xénero, a protección dos colectivos vulnerables e a investigación da delincuencia organizada serán obxectivos prioritarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo comisario xefe da Comisaría da Policía Nacional de Vigo-Redondela destacou este martes na súa toma de posesión que asume o cargo “con ilusión” e avanzou un “traballo moderno” cun equipo “novo, ilusionado e moi preparado”.

“Este nomeamento supón para min un gran reto que asumo con ilusión, xa que a demarcación desta comisaría local é unha das máis importantes de Galicia tanto en poboación como en actividade policial”. manifestou no seu discurso Díaz Jiménez.

Respecto diso, explicou que o seu equipo desenvolverá “un proxecto de traballo moderno, aliñado co Plan Estratéxico da Dirección Xeral da Policía”. “Podo presumir de dispor dun equipo humano novo, ilusionado e moi preparado; disposto a implementar cambios e novas estratexias, sempre co obxectivo de mellorar a actividade policial e o servizo ao cidadán”, abundou.

“O incremento da presenza policial uniformada, a loita contra a ciberdelincuencia, a violencia de xénero, a protección dos colectivos vulnerables e a investigación da delincuencia organizada serán obxectivos prioritarios“, destacou.

“Nós traballamos por e para os cidadáns de Vigo e Redondela, o cidadán que se levanta cada mañá para ir traballar pola súa familia. A eles debémonos, pero para levar a bo termo este proxecto necesito a cada un dos membros desta comisaría, aquí non sobra ninguén, todo o contrario“, afirmou.

TRABALLO, HONRADEZ E HONESTIDADE

Deste xeito, defendeu “traballo, honradez e honestidade” coa “vista posta nos principios básicos de actuación e o Código Ético da Policía Nacional”. E referir en concreto a Redondela, que para el “é unha parte moi importante desta demarcación policial”.

Manteremos e na medida do posible incrementaremos a presenza policial uniformada tanto co despregamento homoxéneo (indicativos do Grupo de Atención ao Cidadán) como co heteroxéneo (Grupo Operativo de Resposta, Unidade de Intervención Policial e Unidade de Prevención e Reacción)”, indicou.

Respecto diso, sinalou que por parte do Grupo de Estupefacientes “investigaranse e desarticularán puntos de venda de droga nesa localidade” e o Grupo de Participación Cidadá incrementará as charlas nos centros docentes desa localidade enmarcadas dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e as súas Contornas.

“Non quero terminar esta intervención sen lembrar a todos os membros da Policía Nacional falecidos en acto de servizo, así como ás vítimas desta pandemia. O meu recordo para eles e as súas familias”, manifestou.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...