InicioPolíticaO PXOM de Vigo irá a pleno a finais de agosto despois...

O PXOM de Vigo irá a pleno a finais de agosto despois de ser aprobado pola Xerencia de Urbanismo

A cidade olívica ten actualmente en vigor unha normativa urbanística que data de 1993, despois de que o Tribunal Supremo anulase o Plan Xeral aprobado en 2008.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo reunirase este xoves, en sesión extraordinaria, cun único punto na orde do día: a aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Urbanística Municipal (PXOM) de Vigo.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde olívico, Abel Caballero, quen explicou que, unha vez superado este paso, o documento será aprobado en Xunta de Goberno e, posteriormente, iniciarase a tramitación para levalo a Pleno. Deste xeito, está previsto que a novo PXOM sexa aprobado inicialmente nunha sesión plenaria a finais de agosto.

O alcalde de Vigo defendeu que o novo plan terá como foco a vivenda “a prezo alcanzable” (con 14.500 vivendas con algún tipo de protección pública), así como “o desenvolvemento do ámbito verde” e a “recuperación” de varias zonas da cidade agora degradadas.

A cidade olívica ten actualmente en vigor unha normativa urbanística que data de 1993, despois de que o Tribunal Supremo anulase o Plan Xeral aprobado en 2008. No entanto, algúns dos ámbitos de desenvolvemento de Vigo puideron saír adiante grazas á ordenación provisional e á lei autonómica 3/2016 (para iniciativas de interese público, como a estación intermodal de Urzáiz, ou a ampliación do Instituto Feiral).

ÚLTIMAS

Caballero acusa a Rueda e o PPdeG de deixar a Vigo sen Facultade de Medicina: “É unha pésima noticia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cualificou este venres como unha "noticia pésima"...

A Xunta e o Porto de Vigo dan por finalizada a limpeza da vertedura de aceite de palma na ría

Tras unha semana de traballos de retirada e contención, a Xunta e o Porto...

O alto tribunal galego mantén a condena a un home por abusar dunha muller mentres durmía

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de apelación dun home condenado...

Localizan tres polisóns, dous menores, ocultos nun camión que ía embarcar cara ao Reino Unido

Axentes da Policía Nacional, da Garda Civil e da Policía Portuaria de Vigo localizaron...