InicioVigo e contornaVigoTres dos 12 tripulantes do pesqueiro 'Manuel Laura', ingresados en Vigo pola...

Tres dos 12 tripulantes do pesqueiro ‘Manuel Laura’, ingresados en Vigo pola Covid

O resto de tripulantes que non necesitaron hospitalización están en corentena no barco.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres dos 12 tripulantes do pesqueiro de capital galego e bandeira británica ‘Manuel Laura’ foron ingresados no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo afectados por coronavirus, mentres que o resto permanece en corentena a bordo.

Así o informaron fontes sanitarias, que explicaron que do resto da tripulación, tres mariñeiros deron negativo no test PCR que se lles practicaron polo equipo desprazado ata o peirao e os demais foron positivos. As mesmas fontes sanitarias sinalaron que os tripulantes que non necesitaron hospitalización atópanse a bordo do barco en situación corentena.

O pesqueiro de capital galego e bandeira británica ‘Manuel Laura’, cuxa tripulación é maioritariamente da zona do Morrazo, atracou na tarde deste martes no porto de Vigo, procedente de Irlanda.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...