InicioSociedadeA quinta onda semella que comeza a remitir na área de Vigo

A quinta onda semella que comeza a remitir na área de Vigo

Hai menos hospitalizados e menos contaxiados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

situación epidemiolóxica mellora en Galicia cun descenso xeneralizado dos indicadores ao reducirse a 837 os novos contaxios de Covid-19 –tras caer por primeira vez o luns por baixo do milleiro en dúas semanas– e baixar a 303 os hospitalizados por este coronavirus –25 menos– e a 18.771 os casos activos. Tamén a taxa de positividade descende a un 12%.

Segundo os datos actualizados na mañá deste martes pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do luns, recollidos por Europa Press, por áreas sanitarias, a presión hospitalaria alíviase na de Vigo, onde seguen dous pacientes en críticos e caen a 43 os doutras unidades –catro menos–.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

Tamén se reducen os casos activos de Covid-19 por segunda xornada consecutiva en Galicia ata os 18.771, que supoñen 36 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (863) que contaxios (837), ao que se engaden 10 falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 710 infeccións activas máis que as 18.061 contabilizadas o martes 27 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, en Vigo baixan 13 e queda con 4.590 contaxiados activos.

MENOS CONTAXIOS

Pola súa banda, esta primeira semana de agosto mantense a tendencia descendente nos contagios ao arrincar con menos de mil novos, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, e caer a 837 este martes, que implican 102 menos que os 939 do luns.

En Galicia foron confirmados 878 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día, que supoñen 27 menos que o día anterior, dos cales 189 corresponden á área de Vigo.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...