InicioSociedadeRespiro da Covid na área de Vigo tras máis de dúas semanas...

Respiro da Covid na área de Vigo tras máis de dúas semanas cunha alta incidencia

Baixan os casos en UCI e diminúen en máis dun cento os casos activos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia arrinca a primeira semana de agosto cun descenso dos novos contaxios de Covid-19 a 939, polo que se sitúan por baixo do milleiro por primeira vez tras 13 días, mentres que os pacientes hospitalizados por este coronavirus increméntanse a 328 –unha ducia máis– e a taxa de positividade repunta a un 14,9%. Os casos activos descenden a 18.807.

Segundo os datos actualizados na mañá deste luns pola Consellería de Sanidade con rexistros de ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, a presión hospitalaria sobe en todas, salvo na de Vigo, onde baixan a dous os pacientes Covid en UCI –un menos– e soben a 47 os doutras unidades –un máis–.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

En canto aos casos activos de Covid-19, tras o lixeiro incremento da xornada anterior e o descenso do sábado, baixan a 18.807, que supoñen 157 menos, ao haber máis altas (1.093) que contaxios (939), ao que se engaden tres falecementos.

Con respecto a hai unha semana, hai 1.509 infeccións activas máis que as 17.298 rexistradas o luns 26 de xullo, tras máis dun mes en ascenso continuo ata este pasado sábado. Por áreas sanitarias, os casos activos descenden en Vigo (-107), aínda que se mantén á cabeza de casos en Galicia con 4.577.

MENOS DE MIL CONTAXIOS

A primeira semana de agosto arrinca con menos de mil novos contaxios de Covid-19, tras situarse por encima desa cifra desde o martes 20 de xullo, ao descender a 939, que supoñen 361 menos que os 1.300 do primeiro día deste mes.

En Galicia foron confirmados 905 positivos por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) no último día dos cales, 129, corresponden á area de Vigo.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...