InicioVigo e contornaVigoConcentración feminista en Vigo para "continuar nas rúas" a loita contra o...

Concentración feminista en Vigo para “continuar nas rúas” a loita contra o machismo

A plataforma convocante escribe á Valedora do Pobo para pedir que os partidos políticos consulten o movemento feminista galego en calquera reforma "que afecte ás mulleres".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concentración convocada polo colectivo Feminismo Unitario de Vigo tivo lugar este sábado a partir das 11,00 horas, onde as manifestantes pediron “continuar a loita nas rúas”, a pesar da baixa asistencia rexistrada, segundo informou Europapress.

A manifestación desenvolveuse nun clima social “relaxado” e rematou coa lectura dun manifesto que recollía as razóns polas que se convoca esta xornada, principalmente, para “dar visibilidade a todos os machismos que atravesan ás mulleres” e repudiar “a onda de feminicidios”, asegurou a Europa Press unha das organizadoras e membro da entidade convocante, Mónica Bernárdez.

Ademais, o comunicado, baixo a lema ‘Transformando a raiba en revolta’, incidiu na importancia de “continuar nas rúas” a loita, unha decisión tomada en asemblea tras a modificación da Lei Galega contra a Violencia de Xénero, na que “o feminismo non participou”.

Así, enviaron un escrito á Valedora do Pobo no que reivindicaron que “os diferentes partidos do Parlamento consulten ao Feminismo galego” calquera reforma “que afecte as vidas das mulleres”.

OUTRAS DEMANDAS

Por outra banda, o colectivo feminista tamén pediu que os orzamentos se dediquen a dotar de “recursos e ferramentas” ás leis actuais, posto que están “fartas” de “sentenzas machistas”.

Nesta liña, fixeron referencia á infancia e demandaron o “cumprimento efectivo” dos convenios reguladores de alimentos dos nenos, a retirada da patria potestade aos maltratadores ou a desaparición dos centros para Menores Estranxeiros Non Acompañados (Menas) –cualificados como “cárceres”–, entre outros.

Así mesmo, Mónica Bernárdez afirmou que tamén pola noite, durante a manifestación que terá lugar ás 22,00 horas, lerase outro comunicado. Ademais, hai actividades programadas durante todo o día, entre elas, o taller de autodefensa que tivo lugar ás 11,45 horas, inmediatamente despois da concentración.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...