InicioSociedadeAumenta a presión hospitalaria en Vigo, que suma 190 novos contaxios

Aumenta a presión hospitalaria en Vigo, que suma 190 novos contaxios

A área de Vigo conta con 3.734 casos activos e suma 4 novos ingresos hospitalarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia rexistrou un lixeiro alivio nas últimas horas, con seis ingresados menos. Mentres tanto, os contaxios por coronavirus notificados no último día sitúanse nos 1.412, un descenso con respecto á marca de infeccións nesta quinta onda rexistradas este venres (1.593), pero que non impide que os casos activos da enfermidade sigan en aumento exponencial e rocen xa os 16.000.

No que respecta á situación dos hospitais, segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do venres, recollidos por Europa Press, os pacientes de covid que requiren ingreso descenderon ata os 206 en total (-6). De todos eles, 183 atópanse en planta –29 menos–, mentres que os enfermos en unidades de coidados intensivos mantéñense en 23 –sen variacións–.

Por áreas sanitarias, esta evolución favorable prodúcese en catro das seis. Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, o descenso no número de ingresados é máis palpable con 10 menos, ata os 41, dos que un se manteñen en críticos –sen cambios–.

Tamén baixou a presión asistencial na área da Coruña-Cee, que contabiliza 44 hospitalizados (-4), aínda que os da UCI subiron a nove (+1); na de Ferrol, con 14 ingresados (-2), dous deles en críticos –sen variación–; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, que ten 18 hospitalizados (-2), dos que un segue na UCI.

No lado oposto sitúanse as áreas de Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. Nesta última, a cifra de hospitalizados subiu ata 37 (+6), cunha afectación tamén nos enfermos que requiren coidados intensivos, que soben a catro (+3).

Ademais, a área da capital galega contabiliza 15 ingresados (+5), aínda que seguen en dous os de UCI, sen cambios; e a de Vigo ten 33 (+4), dos que catro se manteñen en coidados intensivos.

CASE 16.000 CASOS

Galicia alcanza 31 días consecutivos de aumento de casos activos, que ascenden xa a 15.992. Son 883 máis que os notificados por Sanidade este venres, ao haber máis novos diagnósticos que altas no último día.

O ascenso sostido dos pacientes de covid nas últimas semanas é palpable se se compara coa cifra coa de sete días atrás. En concreto, o pasado sábado Sanidade notificaba 9.417 casos activos na Comunidade.

Por áreas sanitarias, este parámetro aumentou nas últimas 24 horas en seis das sete. Tan só decreceu, e lixeiramente, na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que se sitúa con 2.332 pacientes (-9).

En canto ao resto, continúan en ascenso. Na de Vigo son xa 3.734 (+190); na Coruña-Cee, 2.809 (+218); en Pontevedra-O Salnés, 2.785 (+170); en Santiago-Barbanza, 1.990 (+107); en Lugo-A Mariña-Monforte, 1.617 (+119); e na de Ferrol, con 725 casos activos (+88).

NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de covid-19 detectados por todo tipo de probas nun só día situáronse en 1.412, unha cifra que volveu a superar a barreira do 1.400 pero que implica un importante descenso con respecto aos 1.539 casos notificados o venres por Sanidade, marca da quinta onda. Con todo, este dato acumula xa cinco días consecutivos por encima do milleiro tras arrincar a semana con 975.

De todos os 1.412 positivos detectados por calquera tipo de test –1.343 confirmados a través das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA)–, a área da Coruña-Cee sumou 283 novas infeccións, seguida da de Vigo con 268.

Tras estas, sitúanse a de Pontevedra-O Salnés, con outros 250; a de Santiago-Barbanza, con 188; Lugo-A Mariña-Monforte, con 172; Ourense-Verín-O Barco, con 138; e Ferrol, con 113.

Así, os contaxiados de covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 148.422 en Galicia, deles 34.424 na área da Coruña; 29.834, na de Vigo; 22.575, na de Santiago; 18.907, na de Ourense; 17.951, na de Pontevedra; 15.142, na de Lugo; e 9.589 na de Ferrol.

PCR E POSITIVIDADE

Galicia efectuou desde o inicio desta pandemia 2.505.157 PCR. Disto dedúcese que o Sergas realizou 8.058 probas nas últimas 24 horas, unhas 120 menos que o día anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR, descendeu nas última horas ata o 11,8%, despois de rozar o 14% nos datos do venres. No entanto, isto implica que a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 2.447 ao notificar Sanidade tres novas vítimas este venres.

Así mesmo, 130.008 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto de Galicia desde o comezo desta crise sanitaria, 526 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...