InicioPolíticaA Xunta celebra que o goberno vigués asuma o proxecto das pistas...

A Xunta celebra que o goberno vigués asuma o proxecto das pistas de atletismo en Balaídos tras “8 anos de atraso”

O goberno galego sinalou que en cartas remitidas polo Concello á Secretaría Xeral para o Deporte indican que a primeira institución espera que a Xunta "deposite 5 millóns de euros para a reforma do Estadio de Balaídos, obra prioritaria para Galicia".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta celebrou que o goberno local de Vigo asumise o proxecto de remodelación das pistas de atletismo de Balaídos tras “8 anos de atraso”.

Así se pronunciou despois de que o alcalde da urbe olívica, Abel Caballero, anunciase o encargo do proxecto e denunciase que o Goberno galego destinou “0 euros” ao acondicionamento do complexo a pesar de que “prometeu 5 millóns de euros” para este fin.

Pola súa banda, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, lembrou que a Xunta e o Concello acordaron en 2013 destinar 2,3 millóns de euros e 400.000 euros, respectivamente, á reforma das pistas de Balaídos. Así, sinalou que, desde esa data, o Goberno galego “leva oito anos reservando nos seus orzamentos unha partida para comezar canto antes as obras nas pistas” e “esperando a decisión do Concello para poder executalas”.

Neste sentido, explicou que, tras a anulación do plan de urbanismo de 2008 por sentenza xudicial, “foi en todo momento o Concello o que debía realizar as modificacións urbanísticas pertinentes para poder comezar a obra”. No entanto, indicou que a Xunta “citou ao Concello en catro ocasiones para manter unha reunión” e convocou un encontro co tecido deportivo do atletismo vigués “sen obter resposta algunha” do goberno local.

En todo caso, o Executivo autonómico reivindicou a vixencia do seu compromiso. Tamén ofreceu ao Concello o proxecto de reforma do complexo de atletismo de Balaídos que encargou e sufragou a Xunta e que posúe desde 2015, ademais de mostrar a súa disposición a reunirse co goberno local para abordar a proposta definitiva.

Adicionalmente, sinalou que as cartas remitidas polo Concello á Secretaría Xeral para o Deporte indican que a primeira institución espera que a Xunta “deposite 5 millóns de euros para a reforma do Estadio de Balaídos, obra prioritaria para Galicia”, pero “sen aludir en ningún momento” ás pistas de atletismo.

ÚLTIMAS

UXT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UXT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...