InicioPolíticaCaballero esixe a gratuidade do parking do Cunqueiro e a Xunta insiste,...

Caballero esixe a gratuidade do parking do Cunqueiro e a Xunta insiste, as súas tarifas son “reducidas”

O alcalde de Vigo censurou que a Xunta "recibise 1.410 millóns de euros" para afrontar a pandemia e "siga sen dedicar nin un euro á hostalaría e o comercio".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a esixir a gratuidade do aparcadoiro subterráneo do Hospital Álvaro Cunqueiro, mentres a Xunta remarcou que conta con “as tarifas máis reducidas” da área e emprazou ao Concello a emprender “unha acción similar” á solicitada nos centros de saúde da cidade.

En rolda de prensa, o rexedor olívico denunciou os “altísimos” prezos do parking de “un hospital que está a cinco quilómetros da cidade” e ao que é preciso desprazarse “en autobús ou en automóbil”. Por iso, insistiu en reclamar que o Goberno galego “poña gratuítos todos os aparcadoiros do Cunqueiro”, tal e como lembrou que “fai o Concello”, que dispón dun estacionamento sen custo nas inmediacións.

Ademais, volveu a reclamar ao Executivo autonómico a cesión dunha parcela da que dispón con cualificación urbanística apta para construír un segundo estacionamento gratuíto municipal na contorna do hospital.

Pola súa banda, a Xunta destacou que o Concello “dispón de terreos da súa titularidade”, con “a cualificación necesaria para poder executar a construción dunha nova superficie de aparcadoiro”, polo que concluíu que “non parece necesario prescindir de reservas de espazo para necesidades asistenciais futuras”.

Neste sentido, apuntou que no plan de urbanismo de Vigo estaba prevista, ademais da dotación das prazas do hospital, a de “outras 2.824 prazas de aparcadoiro disuasorio nos sectores próximos” das que “só se executaron en todos estes anos 400″. Por iso, incidiu na necesidade de que “o Concello continúe executando as accións que lle corresponden”, de acordo co plan de urbanismo, e “para as que non precisa a cesión de parcelas destinadas a uso dotacional”.

HOSTALARÍA E COMERCIO

Noutra orde de cousas, o alcalde censurou que a Xunta “recibise 1.410 millóns de euros” para afrontar a pandemia e “siga sen dedicar nin un euro á hostalaría e o comercio”.

A este respecto, o Goberno galego lembrou que estes sectores “seguen esperando a día de hoxe a que o Concello habilite as axudas directas que lle levan meses reclamando”. Tamén matizou dos 7.000 millóns destinados ás comunidades polo Goberno, a Galicia correspóndenlle 234,4 millóns de euros, “a cantidade que destina a Xunta ao terceiro plan de rescate”.

Así mesmo, apuntou que, en conxunto, o Executivo autonómico investiu 18 millóns de euros de fondos propios en axudas directas á cidade no marco dos dous primeiros plans de rescate.

ÚLTIMAS

O SIT-FSI volve gañar en Stellantis co 61,12% dos votos

O Sindicato Independente de Traballadores (SIT-FSI) revalidou a súa maioría no comité de empresa...

O home que apuñalou a súa exmuller cunha lanza en Vigo enfróntase a 10 anos de cárcere por tentar matar a un policía

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Nove anos da traxedia de Chandebrito, os eucaliptos volven ser os reis dun monte case abandonado

A vaga de lumes forestais de outubro de 2017 en Galicia quedou marcada pola...

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...