InicioVigo e contornaVigoSaltan as alarmas en Vigo tras rexistrar dous episodios de violencia machista...

Saltan as alarmas en Vigo tras rexistrar dous episodios de violencia machista nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron unha persoa por ameazas insultos e outra por darlle unha labazada á súa parella e tirala ao chan.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Saltan as alarmas en Vigo despois de transcender dous episodios de violencia de xénero con poucas horas de diferenza. En total, nas últimas horas axentes da Policía Local da cidade efecturaron detencións despois de comprobar que dous varóns agridiran ás súas parellas, ben con ameazas e insultos “graves” ou mesmo fisicamente.

O primeiro dos casos en transcender foi o dun mozo de 33 anos de idade, detido pola Policía Local por un delito de violencia de xénero tras agredir á súa parella, de 27 anos, á que pegou e tirou ao chan. Segundo relataron fontes policias, ás 2,58 horas do pasado 3 de xullo unha patrulla deste corpo atopábase na zona de Churruca en labor de control ao obxecto de evitar altercados polo botellón.

A través da Central de Comunicacións requiríuselle para trasladarse á confluencia da rúa Irmandiños con Martín Códax, onde supostamente unha muller estaba a ser agredida pola súa parella. No lugar atoparon a vítima, veciña de Vigo de 27 anos de idade, quen manifestou que a súa parella, que se atopaba alí presente e coa que tiña unha relación desde facía un ano, pegáralle e tiráraa ao chan.

Os feitos foron corroborados por varias testemuñas e o solicitante do servizo, que verificaron o relatado pola muller. Tras solicitar esta información, os axentes procederon á detención de A.M.P., de 33 an

AMEAZAS E INSULTOS

O segundo dos casos que trasncendeu Segundo informou a Policía Local, o servizo de urxencias 061 chamou ás 3,15 horas deste martes á Sala de Comunicacións do 092 deste corpo para solicitar colaboración para atender a unha muller que se atopaba “nun elevado estado de ansiedade”.

Unha vez no domicilio, situado na rúa Salgado, entrevistáronse coa persoa afectada, unha muller de 48 anos de Vigo, que “estaba notablemente nerviosa”. Informou os axentes de que se estaba divorciada, pero que ela e a súa exparella retomaran a relación facía varios meses.

Así mesmo, a afectada manifestou que ese mesmo día, a media tarde, unha vez chegou ao domicilio, atopou ao home no patio de entrada á vivenda e comezou a insultala e ameazala de gravidade. Ante estes feitos, a muller refuxiouse nunha das habitacións, na que entrou o home tras romper a man da porta dunha patada, e continuou cos insultos, o que lle produciu o episodio de ansiedade, obxecto de atención por parte de técnicos en 061, precisan as mesmas fontes policiais.

A muller indicou que estes episodios eran habituais e que desexaba presentar denuncia polos feitos, polo que os axentes procederon á detención de J.R.C., de 54 anos de idade e veciño de Vigo, pola suposta comisión dun delito violencia de xénero.

 

ÚLTIMAS

Os empresarios de Mos alertan dun “golpe irreparable” á economía polo trazado da nova A-52

A Asociación de Empresarios de Mos (AEMOS) trasladou este martes a súa "máxima preocupación"...

Investigadores da Universidade de Vigo desenvolven un sistema con IA que predí a calidade do aire en 3D

Investigadores do Grupo de Tecnoloxía Enerxética do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e...

A concelleira de Seguridade de Vigo declara como investigada polo accidente mortal do Saltamontes: “Dei as oportunas aclaracións”

A concelleira de Seguridade do Concello de Vigo, Patricia Rodríguez Calviño, compareceu este martes...

Ferida unha muller tras producirse un desprendemento de terra no paseo de Bouzas, en Vigo

Unha muller resultou ferida na mañá deste martes tras producirse un desprendemento de terra...