InicioEconomíaO goberno de Vigo compensará con 3,5 millóns de euros á concesionaria...

O goberno de Vigo compensará con 3,5 millóns de euros á concesionaria do transporte pola pandemia

A xunta de goberno local deu luz verde ao proxecto de ordenanza reguladora das terrazas en dominio público e espazos privados de uso público para establecementos de hostalaría e restauración, que levará ao próximo pleno para a súa aprobación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobou unha nova compensación para a concesionaria do servizo público de transporte urbano, Vitrasa, por valor de 3,5 millóns de euros pola redución de ingresos rexistrada durante o pasado ano debido á pandemia da covid-19.

En rolda de prensa, o alcalde, Abel Caballero, indicou que esta achega busca paliar as deficiencias e a redución de viaxeiros debida á limitación do aforamento máximo dos autobuses pola pandemia. Ademais, lembrou que o pasado mes de decembro Vitrasa foi indemnizada con case 2,2 millóns de euros pola imposibilidade de executar o contrato do 16 de marzo ao 14 de xuño de 2020.

O rexedor sinalou que os servizos municipais estimaron que procede indemnizar á concesionaria nunha cantidade máxima de case 7,9 millóns de euros debido ao impacto da pandemia en 2020. Tamén indicou que este importe se calculou ao comparar o resultado de explotación dese ano e o anterior, de acordo co decreto do Goberno.

En concreto, en 2019 os ingresos por tarifas cobradas aos usuarios dos autobuses urbanos ascenderon a 14,2 millóns de euros, polo que resaltou que é preciso abonar o 40% dos mesmos. Ao restar a indemnización concedida en decembro, o alcalde apuntou que a máxima contía a percibir situarase en 7,88 millóns de euros. En todo caso, Abel Caballero recalcou que a achega “se sustanciará definitivamente cando se acorde o importe que ten que recibir Vitrasa de indemnización”.

ORDENANZA DE TERRAZAS

Noutra orde de cousas, a xunta de goberno local deu luz verde ao proxecto de ordenanza reguladora das terrazas en dominio público e espazos privados de uso público para establecementos de hostalaría e restauración, que levará ao próximo pleno para a súa aprobación. Posteriormente, abrirase un período de exposición pública durante un mes.

Por outra banda, o rexedor avanzou que o aparcadoiro municipal situado xunto ao Hospital Álvaro Cunqueiro pecharase este domingo para realizar tarefas de mantemento do firme e que se prevé que finalicen o vindeiro venres.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...