InicioVigo e contornaVigoStellantis volve suspender a súa actividade pola crise dos microchips

Stellantis volve suspender a súa actividade pola crise dos microchips

A falta de subministración obrigará a frear a actividade o venres vindeiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A factoría viguesa do grupo Stellantis (antes PSA Peugeot Citroën) suspenderá a súa produción nos seus dous sistemas e en todas as quendas durante este venres, 2 de xullo, por problemas de subministración.

Así o comunicou este mércores a dirección da empresa ao persoal do centro de Vigo, cuxa situación se debe aos problemas de aprovisionamento de certos compoñentes, como consecuencia da denominada ‘crise dos microchips’.

A dirección da fábrica prevé que se retome a actividade cos equipos de fin de semana en ambos os sistemas, que traballarán 10 horas tanto o sábado día 3 como o domingo día 4. Tamén confía en que o luns día 5 volvan traballar en ambos os sistemas as quendas de día (A e B) e noite.

Estas paradas súmanse a outras anunciadas para esta semana, de modo que, salvo a quenda B, que traballou o luns 28, os equipos de mañá, tarde e noite do sistema 2 permanecerán sen actividade ata este venres.

A suspensión de actividade na fábrica produciuse en varias ocasións desde principios de ano por falta de compoñentes que serven provedores afectados pola ‘crise dos microchips’. Para afrontar este escenario, a planta de Balaídos ten en marcha un ERTE pactado coa maioría do comité de empresa (salvo os sindicatos CIG e CUT), que contempla a regulación dos traballadores fixos a tempo completo durante un máximo de 60 días, e que está en vigor ata final de ano.

ÚLTIMAS

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...