InicioVigo e contornaMosUn accidente múltiple en Mos deixa a catro persoas feridas

Un accidente múltiple en Mos deixa a catro persoas feridas

O accidente tivo lugar na madrugada deste sábado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple entre tres coches, ocorrida na madrugada deste sábado no Concello de Mos, deixou a catro persoas feridas.

Segundo informa o 112 Galicia, un particular avisou, poucos minutos antes das 3,30 horas da madrugada, dun accidente en cadea na A-55, sobre o punto quilométrico 14, nos carrís de sentido a Vigo.

Foron avisados, entre outros, servizos sanitarios, axentes da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Porriño e Protección Civil de Mos, así como persoal de mantemento da vía. Xa desde o lugar, a Garda Civil de Tráfico confirmou que, finalmente, foron tres os coches implicados na colisión e que, na mesma, resultaron feridas catro persoas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...