InicioEconomíaO Porto de Vigo rexistra o maior tráfico de pesca e vehículos...

O Porto de Vigo rexistra o maior tráfico de pesca e vehículos do Estado

Prevé a chegada dunha trintena de cruceiros ata final de ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo foi o que rexistrou un maior tráfico de pesca e vehículos a nivel estatal este mes de maio, aínda que advertiu de que os resultados dos próximos meses serán “pouco planificables” debido a situacións como a posible falta de materias primas.

Na rolda de prensa posterior á reunión mensual do consello de administración, o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, confiou en que o período de “inestabilidade” finalice de cara a 2022. En todo caso, subliñou que tráfico do mes de maio e o acumulado no que vai de ano presentan un dato “excelente” en comparación co 2019, anteriores ao comezo da pandemia.

Así mesmo, valorou que a terminal olívica rexistrase a maior parte do tráfico de vehículos e pesca a nivel estatal por quinto mes consecutivo. En concreto, apuntou que se alcanzaron os 47.376 vehículos movidos durante o pasado mes de maio, unha cifra que ascendeu a 242.243 no primeiros cinco meses de 2021. Tamén se moveron 2.938 toneladas de pesca durante o pasado mes e 13.049 toneladas no que vai de ano.

En canto á importación e exportación de mercadoría xeral, 132.605 e 176.267 toneladas, respectivamente, e a carga e descarga exterior de colectores, 14.714 TEUS, a terminal olívica representou a quinta a nivel estatal. Deste xeito, Vázquez Almuiña resaltou que o mes de maio de 2021 foi o que rexistrou os mellores resultados da última década e que estes só foron superados polos quintos meses do período 2006-2008.

Dende este verán e ata final de ano prevese, ademais, a chegada dunha trintena de cruceiros.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...