InicioSociedadeVigo suma 30 contaxios nun contexto de repunta de casos en toda...

Vigo suma 30 contaxios nun contexto de repunta de casos en toda Galicia

A taxa de positividade sobe por encima do 5% por primeira vez desde mediados de febreiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os novos contaxios de Covid-19 detectados con calquera tipo de proba en Galicia disparáronse a 154 a unhas horas de que se relaxe o uso da máscara no exterior, que supoñen 34 máis que a xornada anterior, mentres que os casos activos aumentan a 1.377 e os pacientes ingresados por este coronavirus soben a 46 –un máis–. Pola súa banda, a taxa de positividade repunta por encima do 5% por primeira vez desde mediados de febreiro.

No que respecta concretamente á área de Vigo, a presión hospitalaria descende, de maneira que segue un paciente Covid en críticos e catro persoas ingresadas noutras unidades, isto é, dúas menos en relación á pasada xorrnada. As afeccións activas suman un total de 208 persoas, polo que se incrementan os casos en 19 no último reconto. No referido aos novos contaxios, Vigo detecta un total de 30 dos 154 de toda Galicia.

Pola súa banda, a taxa de positividade no conxunto do país repuntou por encima do cinco por cento ao 5,49%, barreira que non excedía Galicia desde o 15 de febreiro, tras situarse nun 2,7% a xornada anterior e iniciar a semana cun 1,8%. Por tanto, Galicia supera ese 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...