InicioSucesosDeteñen un home sobre o que pesaba unha orde de procura e...

Deteñen un home sobre o que pesaba unha orde de procura e arresto

O detido participara nun altercado o ano pasado na rúa Rosalía de Castro, onde acudiu a Policía Local. No transcurso da intervención dos axentes, este home tratou de arrebatarlle a arma a un dos funcionarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 40 anos de idade, L.J.C.A., tras comprobar que, sobre el, pesaba unha orde de procura, detención e presentación emitida por un xulgado.

Segundo informaron fontes policiais, a detención produciuse ao mediodía deste mércores, cando unha patrulla se dirixiu á contorna do Centro Cívico de Teis para realizar labores de vixilancia, debido aos constantes avisos recibidos nas últimas semanas, sobre a presenza de grupos de persoas consumindo alcol e molestando aos usuarios do centro.

Cando os axentes chegaron á zona identificaron a catro homes que estaban a beber na vía pública e todos eles foron propostos para sanción por este feito. Ademais, un deles tiña en vigor unha orde de procura e detención, polo que foi arrestado nese momento.

Dáse a circunstancia de que o detido estivo envolvido nun altercado o ano pasado na rúa Rosalía de Castro, onde acudiu a Policía Local alertada por unha pelexa na vía pública. No transcurso da intervención dos axentes, este home tratou de arrebatarlle a arma a un dos funcionarios.

CONDUTOR DE PATINETE SANCIONADO

Por outra banda, a Policía Local de Vigo tamén informou da tramitación de denuncia con respecto a un mozo de 21 anos de idade, R.V.L., que conducía na tarde do mércores un patinete por unha zona peonil próxima á rúa Andalucía.

O mozo ía circulando mentres falaba por teléfono móbil, polo que foi interceptado polos axentes. Ao comprobar que presentaba signos de estar baixo os efectos dalgunha sustancia, realizóuselle o test de drogas, que deu positivo para cocaína e cannabis.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...