InicioVigo e contornaVigoOs hospitalizados medran na área de Vigo mentres descenden en todas as...

Os hospitalizados medran na área de Vigo mentres descenden en todas as demais

Con todo, a área olívica segue a senda de melloría que atravesa a comunidade, descendendo en casos activos e contaxios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A pandemia continúa en Galicia cunha evolución favorable despois de que nas últimas horas baixasen non só os novos contaxios detectados, que o fixeron lixeiramente ata os 79 nun día –dous menos–, senón tamén os casos activos da enfermidade, que caen dos 1.500 por primeira vez desde o 16 de agosto do ano pasado.

Ademais, a presión hospitalaria que deixa a covid-19 segue en descenso. De acordo cos datos difundidos este domingo pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado, a cifra total de persoas hospitalizadas con coronavirus sitúase en 64, catro menos que no parte anterior.

Esta diminución da presión asistencial prodúcese grazas á caída dos pacientes en planta, ata os 50 –dous menos–, e en unidades de coidados intensivos, ata os 14 –outros dous menos–. Por áreas sanitarias, tan só a de Vigo rexistrou nas últimas horas un repunte na cifra de hospitalizados, que alcanzan os 13 –dous máis–, dos que se manteñen tres na UCI. O resto descenden.

CASOS ACTIVOS EN DESCENSO

En canto aos casos activos de covid-19, alcanzan os 22 días de descenso continuo e redúcense a 1.462 no conxunto de Galicia, 55 menos que a xornada pasada, ao haber máis altas que novos diagnósticos. Os pacientes de coronavirus só repuntaron, e lixeiramente, na área da Coruña-Cee, ata os 372 (+4), e na de Lugo-A Mariña-Monforte, a 216 (+8).

En canto ao resto, continúan en baixada: na de Vigo, hai 334 enfermos de coronavirus (-18); en Santiago-Barbanza, 169 (-13); en Ourense-Verín-O Barco, 142 (-7); en Pontevedra-O Salnés, 132 (-16); e en Ferrol, 97 (-13).

VOLVEN BAIXAR OS CONTAXIOS

Así mesmo, os novos contaxios de covid-19 detectados por calquera tipo de proba en toda Galicia volvéronse situar por baixo do centenar, concretamente en 79, dous menos que os notificados o sábado. Isto supón continuar na liña na que comezou a semana, a pesar de que os datos de Sanidade do venres reflectían un repunte de 105.

Dos 79 novos contaxios, 22 detectáronse na área da Coruña, 20 na de Vigo e 16 na de Lugo. Así mesmo, a de Ourense suma 10 infeccións, a de Santiago cinco, a de Pontevedra catro e a de Ferrol só dúas. Por tanto, os contaxiados en toda Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 127.926, dos que 30.667 corresponden á área da Coruña; 25.250, á de Vigo; 20.088, á de Santiago; 15.834, á de Ourense; 14.364, á de Pontevedra; 13.038, á de Lugo; e 8.685, á de Ferrol.

PCR E POSITIVIDADE

Galicia efectuou 2.305.294 PCR desde o inicio da pandemia, o que permite deducir que nas últimas 24 horas realizáronse 4.017 probas, que son unhas 600 máis que o día anterior. En canto á taxa de positividade, sitúase no 1,7% tras estar no 1,9% o día anterior e empezar a semana no 2,1%. Así, segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia mantéñense en 2.430, despois de que na tarde do sábado Sanidade non notificase ningunha vítima nova. Fronte a iso, curáronse deste coronavirus 124.059 pacientes, 134 persoas máis que as contabilizadas ata a xornada pasada na Comunidade galega.

ÚLTIMAS

A xuíza acorda o arquivo da causa contra o detido na rúa Mestre Montes por agredir supostamente á súa nai cun garfio

A xuíza de instrución 2 de Vigo acordou o sobresemento e arquivo das actuacións...

Detidos dous homes na rúa Cánovas del Castillo por supostos roubos con forza no interior de 15 coches estacionados

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a dous homes como presuntos autores de...

Detido na rúa Uruguai tras lesionar a unha viandante, á que golpeou cunha lata de cervexa, causándolle un corte na tempa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 45 anos de idade, J.K.V.,...

O goberno de Vigo rexeita debater unha moción urxente sobre as festas

O grupo municipal do PSOE de Vigo rexeitou este luns debater unha moción de...