InicioSociedadeA Policía de Vigo recupera dous papagaios e devólveos aos seus propietarios

A Policía de Vigo recupera dous papagaios e devólveos aos seus propietarios

Tamén acudiron a diferentes puntos da cidade pola aparición de exemplares de serpe, unha delas no garaxe dun centro comercial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local acudiron ao rescate de dous papagaios, que apareceron en dúas zonas distintas da cidade e que foron devoltos aos seus propietarios; así mesmo, axentes acudiron a diferentes puntos ante as chamadas pola aparición de exemplares de serpe, unha delas no garaxe dun centro comercial.

Segundo informaron fontes policiais, o pasado luns de madrugada, unha veciña localizou un papagaio na zona de Mide. Tratábase de papagaio gris de cola vermella (psittacus erithacus erithacu) que tiña unha anilla de identificación nunha das súas patas.

Tras realizar varias xestións, a Policía Local logrou contactar co seu dono, que se presentou pouco despois en dependencias policiais, coa documentación acreditativa de propiedade, para recuperar o animal.

Así mesmo, o martes a última hora da tarde, a Policía recibiu un aviso dun veciño da rúa Rosal Florido. O alertante informaba de que atopara un papagaio, cuxo dono tamén foi localizado, grazas aos datos da anilla que levaba a ave na pata.

SERPES

Por outra banda, a Policía Local informou de varias intervencións relacionadas coa recollida de serpes e culebras. A primeira delas tivo lugar na tarde do pasado sábado, cando un veciño da rúa Sampaio avisou de que había unha serpe de cor gris e de gran tamaño na súa vivenda. Con todo, cando os axentes chegaron, o réptil xa saíra do domicilio.

O mesmo sábado pola noite o 092 acudiu a unha vivenda da Estrada do Marco, onde os axentes localizaron unha serpe de cor verde claro que estaba enganchada nunha rede. Tras cortar a malla con coidado, puideron soltar ao animal e liberalo no seu hábitat.

O luns pola tarde, produciuse outro episodio similar no garaxe dunha vivenda na Estrada de Camposancos. Nese caso, o dono da casa alertou da presenza dunha serpe dun metro e medio, aínda que cando chegaron os policías comprobaron que se trataban dunha serpe bastarda duns 60 centímetros, que tamén foi recollida e liberada.

Finalmente, na tarde do luns, a Policía Local acudiu ao aparcadoiro do Centro Comercial A Laxe, tras recibir un aviso sobre a presenza dunha culebra, que andaba solta no medio dos coches e que os empregados non eran capaces de atrapar.

Os traballadores atoparon o animal metido no motor dun dos vehículos estacionados. Tratábase dunha ‘serpe escaleira’, que introduciron nunha caixa e entregaron aos axentes, para proceder a soltala no seu medio.

ÚLTIMAS

A Xunta asina un novo contratro con Povisa para atender a 195 millóns de euros por dous anos

A Xunta de Galicia autorizou este venres o contrato co Hospital Povisa para a...

O ‘stolpersteine’ de Jaime, asasinado en Mauthausen. Cando a memoria tropeza coa pedra da historia

O Concello de Nigrán colocou este xoves un 'Stolpersteine' en memoria de Jaime Martínez...

Caballero saca peito e di que Vigo é un “modelo turístico en España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou que a cidade "continúe sendo un modelo turístico...

O BNG de Vigo pide limitar o uso de petardos no Fin de Ano polos “prexuízos” a animais e persoas maiores

O BNG de Vigo demandou ao goberno local que emita un bando para limitar...