InicioVigo e contornaVigoMobilización veciñal para suspender as peaxes entre Vigo e Redondela ante a...

Mobilización veciñal para suspender as peaxes entre Vigo e Redondela ante a negativa de Audasa

A A.V. de Teis e Chapela denuncia os "enganos" do Goberno central, ao que acusan de pór "escusas" para evitar retirar a peaxe.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Novo episodio na problemática da AP9. A negativa da concesionaria Audasa a eliminar a peaxe do tramo Redondela-Vigo, anunciada para este mes de xuño, vén de desatar as protestas da Asociación Veciñal de Teis e Chapela, que leva loitando longo tempo para conseguir a materialización desta supresión que, segundo apunta, xa foi prometida en ocasións anteriores.

Por iso consideran que “chega de enganos e escusas por parte do Goberno do Estado para suprimir a peaxe” no tramo aludido. “Levamos anos padecendo as mentiras e falta de vontade política por parte dos diferentes gobernos do Estado neste tema”, apuntan antes de subliñar que as “escusas” se van sucedendo: primeiro a falta de orzamentos, agora a negativa de Audasa.

E é que este “xa non é o primeiro engano” que denuncian sufrir os veciños de Teis e Chapela. Denuncian, neste aspecto, que xa por 2018 o entón Ministro de Fomento, Íñigo de la Senra, anunciara que en xullo de 2018 a peaxe estaría “suprimida”. “Aínda estamos agardando a día hoxe, remachan.

O mesmo acontecería con Ábalos. O agora Ministro de Transportes anunciaba, no pasado mes de abril, unha data para a supresión da peaxe: xullo. A A.V. lembra as súas mobilizacións de entón denunciando a demora, incomprensible ao seu ver xa que nos orzamentos do Estado de 2021 “figura xa unha partida para destinar o pago da peaxe deste tramo da autoestrada”. A conclusión é clara: “reivindicamos que a peaxe se suprima de xeito inmediato”.

ÚLTIMAS

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro --a 600 millas das...

Novidades no Nadal de Vigo: 75 casetas e dúas pistas de xeo na praza de Vialia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello ampliará o espazo do Nadal...

Xuízo con tribunal popular para o crime de Coia: o acusado enfróntase a case 22 anos de cárcere por asasinato

O xuízo polo chamado crime de Coia de 2024, que se celebrará con tribunal...

Cardama, avisa: “se Uruguai rompe o contrato das patrulleiras será malo para todo o naval vigués”

O empresario vigués José García Costas, accionista do estaleiro Cardama, advertiu este venres de...