InicioEconomíaA CIG volve urxir unha reunión do Consello Social de Vigo pola...

A CIG volve urxir unha reunión do Consello Social de Vigo pola crise do naval e censura a quen se pon “de perfil”

O sindicato alerta dunha "destrución de 2.500 empregos industriais no último ano".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O sindicato CIG volveu a reclamar unha convocatoria extraordinaria e urxente do Consello Social de Vigo, o máximo órgano consultivo da cidade, para dar unha “resposta común” ante a crise da industria e, en concreto, ante a “grave” situación do sector naval.

Segundo apuntou o secretario comarcal da central nacionalista, Alberto Gonçalves, a CIG xa solicitou o pasado 7 de maio ao alcalde, Abel Caballero, a convocatoria do Consello Social (no que están representados partidos políticos, sindicatos e organizacións profesionais, entre outras entidades) sen obter resposta ata agora.

“É urxente, imprescindible, despregar unha resposta común ante a crise que afecta á cidade, coa destrución de 2.500 empregos industriais no último ano, e co naval nunha situación crítica”, advertiu Gonçalves.

Segundo proclamou, “non se pode quedar un impasible ante o risco de desaparición de Vulcano ou ante as ameazas que hai sobre Barreras”, polo que “non se entende que haxa quen se poña de perfil”.

Finalmente, tras insistir en que Xunta e Goberno de España deben actuar cunha “intervención pública directa” nestes estaleiros, volveu demandar a convocatoria do Consello Social, e explicou que a CIG se dirixirá ao resto de entidades que forman parte dese órgano consultivo para solicitar o seu apoio respecto diso. “Se en 2011, ante o problema do ‘tax lease’, fomos capaces de responder, hoxe é aínda máis necesario”, resolveu.

ÚLTIMAS

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Un camión en chamas na AP-9 provoca retencións quilométricas á entrada de Vigo

Un camión incendiouse este luns na autoestrada AP-9, á entrada de Vigo, provocando retencións...

“Máis recursos e menos discursos”, resposta Feminista chama a mobilizarse o 25N en Vigo

O colectivo Resposta Feminista presentou este luns en Vigo a manifestación que convocan con...

Investigado un octoxenario por unha agresión sexual a unha muller nun local de hostalaría en Mos

A Garda Civil, a través do Posto Principal de O Porriño e do Equipo...