InicioSucesosUn operativo antidroga na área de Vigo saldouse con 12 detidos e...

Un operativo antidroga na área de Vigo saldouse con 12 detidos e 80.000 euros, armas e xoias incautados

Con esta operación conseguiuse desarticular dous grupos criminais de distribución, tanto a mediana escala como polo miúdo, de cocaína e de heroína. Un deles operaba na cidade de Pontevedra e Poio e o outro en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha operación contra o tráfico de drogas desenvolvida pola Policía Nacional e a Garda Civil, pola que a pasada semana realizáronse varios rexistros nas localidades de Vigo, Poio e Pontevedra, saldouse cun total de 12 persoas detidas, a desarticulación de dous grupos criminais e 80.000 euros, armas, xoias e drogas incautadas.

Segundo informaron os corpos de seguridade, a operación deu comezo cando se tivo coñecemento da existencia dunha rede, liderada por unha muller, dedicada á distribución polo miúdo de diversas sustancias estupefacientes por diferentes zonas de Pontevedra e Vigo mediante a utilización de vehículos.

Por mor destes feitos, axentes dos grupos UDYCO I da Policía Nacional de Pontevedra e UOPJ da Garda Civil de Pontevedra iniciaron a ‘Operación Campelo-Gromal’, a partir da que pescudaron que a líder do grupo utilizaba a persoas do seu ámbito familiar –entre elas una das súas fillas– como distribuidores a menor escala das sustancias ilícitas.

Estas persoas, que en conxunto constituían “un verdadeiro grupo criminal”, supostamente encargábanse tanto de gardar os beneficios económicos obtidos como de fornecer aos clientes que se achegaban tanto ao domicilio familiar como ás inmediacións do mesmo.

Froito das pescudas, localizouse aos membros da organización e púidoselles atribuír o rol que desempeñaban na mesma. Ademais, determináronse os domicilios e vehículos que utilizaban e situouse ao principal provedor da muller, co que ela mantiña “numerosos encontros semanais”.

En total, no marco desta operación incautáronse 47 dose de marihuana, 367 dose de cocaína, 243 dose de heroína, cinco turismos, case 80.270 euros, unha sonda mariña, dúas pistolas, 51 cartuchos de 9 milímetros, 291 cartuchos do calibre 22, múltiples xoias e diversos útiles para a venda e distribución de droga.

DOUS GRUPOS CRIMINAIS

Con esta operación conseguiuse desarticular dous grupos criminais de distribución, tanto a mediana escala como polo miúdo, de cocaína e de heroína. Un deles operaba na cidade de Pontevedra e Poio e o outro en Vigo.

Así, pescudouse que o grupo criminal tiña varias vivendas familiares en Vigo, principalmente en Teis e Samil, desde as que xestionaba a repartición polo miúdo. Estas persoas supostamente eran as encargadas de conseguir as sustancias estupefacientes para a súa venda posterior.

Dentro do operativo disposto en varios puntos destas localidades, o pasado 26 de maio realizouse un amplo despregamento policial na parroquia viguesa de Teis, con varios rexistros en vivendas da Avenida de Galicia, á altura do número 104 e do número 150.

ÚLTIMAS

Un xulgado de Vigo recoñece a incapacidade a unha cociñeira á que o INSS mandou traballar “preto dun hospital”

A Praza Número 6 da Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo...

Abel Caballero reclama cofinanciamento para subvencionar voos en Peinador e acusa á Xunta de querer “pechar” o aeroporto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu este xoves que o aeroporto da cidade...

Colectivos de Vigo convocan unha protesta de urxencia ante o asalto á flotilla con dous vigueses a bordo dos que non se teñen noticias

Vigo acollerá este xoves 30 de abril, ás 20:00 horas, unha concentración no Paseo...

Sindicatos policiais denuncian en Vigo falta de persoal e unha comisaría “indigna”

Os sindicatos policiais SUP e CEP levaron a cabo este xoves unha concentración diante...