InicioSociedadeTui inaugura a unidade de Saúde Mental ambulatoria para o Baixo Miño

Tui inaugura a unidade de Saúde Mental ambulatoria para o Baixo Miño

Segundo informou o Sergas, a nova unidade atenderá á poboación da comarca maior de 16 anos con problemas de saúde mental, para o que contará cun equipo de seis profesionais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) porá en marcha este martes, 1 de xuño, unha unidade de Saúde Mental ambulatoria no centro de saúde de Tui , que será referencia para a poboación adulta dos concellos do Baixo Miño, en concreto Tui, O Rosal, A Guarda, Tomiño e Oia.

Segundo informou o Sergas, a nova unidade atenderá á poboación da comarca maior de 16 anos con problemas de saúde mental, para o que contará cun equipo de seis profesionais. Trátase de dous psiquiatras, un psicólogo, un traballador social, unha enfermeira especializada en saúde mental e un administrativo.

Este novo dispositivo enmárcase no Plan Estratéxico de Saúde Mental 2020-2024 do Sergas. Durante unha visita ao centro este luns, o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte, apuntou que “con esta nova dotación mellórase de forma moi significativa a accesibilidade da poboación desta comarca ao sistema sanitario, xa que non terá que desprazarse a Vigo para recibir este tipo de atención”.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...