InicioPolíticaGuerra entre Concello de Vigo e Xunta polo cartel no novo albergue...

Guerra entre Concello de Vigo e Xunta polo cartel no novo albergue de peregrinos de Vigo

O Goberno vigués reprochalle á Xunta que "conscientemente infrinxa" as normas co cartel do albergue de peregrinos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Goberno de Vigo manifestou que é “inconcibible” que a Xunta “conscientemente siga infrinxindo” a ordenanza municipal coa colocación dun cartel na fachada do albergue de peregrinos construído pola Administración autonómica no Berbés, na cidade olívica.

Así se pronunciou despois de que o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Turismo e Xustiza, Alfonso Rueda, lamentou este luns que “non ten moita explicación” que o Goberno local “no canto de celebrar a apertura dun albergue na cidade, só se preocupa por un cartel“. “É unha mostra máis da relación de odio do alcalde co Camiño de Santiago”, resolveu.

Nun comunicado remitido na tarde deste luns, o concelleiro socialista Abel Losada indicou que “lamenta a falta de respecto da Xunta aos cidadáns de Vigo, incumprindo normas urbanísticas que deberían acatar como todos os vigueses”.

A Xunta insulta aos vigueses ao manter un cartel que contravén as normas; considéranse superiores aos cidadáns e desde o Concello esiximos que cumpran as normas ás que todos nos vemos supeditados”, recalcou.

Neste sentido, asegurou que Rueda “xa deu mostra da animadversión que sente por esta cidade cando se manifestaba en contra de Vigo para que o xulgado do mercantil marachara para Pontevedra”. A iso agregou que “o maior insulto” é que a Xunta “dedique centos de miles de euros a Santiago e nin un só céntimo á cidade de Vigo”.

ÚLTIMAS

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

Condenado por estafar con falsos alugueiros de vivendas en Vigo e Sanxenxo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...

Vigo tacha de “sectario” o acto de Rueda no IES de Navia por non convidar a Caballero

O goberno municipal de Vigo criticou este martes o acto de colocación da primeira...