InicioSociedadeVigo prepara a redacción do proxecto para a escola infantil no Chouzo

Vigo prepara a redacción do proxecto para a escola infantil no Chouzo

O custo desta obra será de 600.000 euros segundo o alcalde da cidade, Abel Caballero, quen sinalou que o prazo de execución da escola será de 4 meses, unha vez que se licite e adxudique a obra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo ultima a redacción do proxecto da nova escola infantil municipal da cidade, que se situará no Chouzo, nas actuais instalacións da Escola Municipal de Educación, e que contará cun investimento de 600.000 euros.

Así o confirmou o alcalde da cidade, Abel Caballero, nunhas declaracións remitidas aos medios, nas que sinalou que o prazo de execución da escola será de 4 meses, unha vez que se licite e adxudique a obra.

Así mesmo, o rexedor lembrou que os nenos e nenas da escola municipal Santa Marta serán trasladados á nova escola do Chouzo, que terá polo menos 80 prazas, xa que as instalacións do Casco Vello serán demolidas no marco da urbanización do Barrio do Cura.

Caballero tamén volveu a subliñar que, cando estea urbanizado ese ámbito, haberá unha nova escola infantil e manterase a do Chouzo, de maneira que a cidade gañará unha nova dotación educativa para os máis pequenos.

BARRIO DO CURA

Por outra banda, o alcalde volveu a denunciar que a Xunta ten “paralizada” a emisión do informe necesario para continuar a tramitación urbanística do Barrio do Cura, e lembrou que o proxecto para ese ámbito xa conta co resto de informes favorables e co visto e prace inicial do pleno para a modificación puntual do Plan Xeral.

“Estamos a esperar a autorización e aprobación por parte da Xunta (…) non sabemos por que o atrasa. Para Vigo é importantísimo, e para o emprego de Vigo é importantísimo, é unha das grandes obras e desenvolvementos urbanísticos da historia da cidade”, proclamou Abel Caballero.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...