InicioSociedadeO Cunqueiro terá unha unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de...

O Cunqueiro terá unha unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil de referencia para o sur de Galicia

Será a segunda de Galicia destas características.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta anunciou a licitación do proxecto para a construción dunha nova unidade de hospitalización de saúde mental infanto-xuvenil no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, unidade que será a de referencia desta especialidade para todo o sur da comunidade –Vigo, Ourense e Pontevedra–.

Esta unidade, que será a segunda de Galicia destas características, atenderá a menores de entre 12 e 16 anos con patoloxía psiquiátrica que non poida manexarse de forma ambulatoria ou que pola súa situación clínica extrema e alto grao de especialización nos seus coidados non se indique o seu ingreso noutras unidades.

En concreto, a unidade terá 622 metros cadrados, nos que se distribuirán 6 habitacións individuais, sala de actividades grupais, comedor e terapia de grupo, ademais de áreas propias do persoal como control, despachos e zonas comúns. A unidade contará con dous psiquiatras, un psicólogo, un terapeuta ocupacional, un celador e un equipo de enfermaría especializado en saúde mental.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, foi o encargado de presentar esta unidade, a cal considerou que “mellorará de forma moi significativa a saúde dos pacientes con enfermidades mentais nesta etapa asistencial” –entre 12 e 16 anos–.

Pola súa banda, o xefe de Saúde Mental da área Sanitaria de Vigo, José Manuel Olivares, remarcou que é necesaria a habilitación de recursos asistenciais coa creación de dispositivos psiquiátricos específicos para a poboación infantil e adolescente, xa que a maioría dos trastornos mentais crónicos inícianse durante esta etapa da vida“.

Segundo informou o Servizo Galego de Saúde (Sergas), actualmente cando un menor necesita hospitalización, ingresa na unidade de psiquiatría de nenos e adolescentes do Complexo Hospitalario de Santiago, ou nas unidades de pediatría ou de adultos de psiquiatría do Álvaro Cunqueiro.

O RETO DA SAÚDE MENTAL

A licitación desta nova unidade enmárcase na estratexia de ‘Saúde Mental 2020-2024’ de Sanidade. Así, García Comesaña remarcou que a atención á saúde mental “é un dos grandes retos do sistema sanitario galego”, un obxectivo polo que entre 2020 e 2021 están a contratar a 120 profesionais deste ámbito.

O Sergas indicou que, de acordo con estudos epidemiolóxicos internacionais, “aproximadamente un 10-20 por cento dos nenos e adolescentes padecen algún trastorno psíquico, sendo os máis frecuentes os trastornos de conduta, seguidos dos trastornos de ansiedade e o déficit de atención e hiperactividade (TDAH).

ÚLTIMAS

A Xunta mobiliza buques, drones e empresas de limpeza tras unha gran mancha de graxa de palma no Porto de Vigo

A Xunta de Galicia activou á primeira hora da tarde o Plan Territorial de...

Novas mobilizacións en centros de Vigo: “a educación é un dereito e non máis recortes”

Membros da comunidade escolar do CEIP A Paz Tintureira de Vigo concentráronse este xoves...

Seguen as críticas cruzadas para que Balaídos sexa sede no Mundial de fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamou este xoves á Xunta e á Deputación...

Caballero ironiza sobre as vivendas da Xunta en Vigo: “Fan máis visitas que pisos constrúen”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ironizou este xoves sobre a nova visita da...