InicioSociedadeTres dos ingresados pola cepa india en Vigo reciben a alta

Tres dos ingresados pola cepa india en Vigo reciben a alta

Foran ingresados no Álvaro Cunqueiro tras atracar nun barco procedente de Singapur.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Tres dos tripulantes do buque ro-ro ‘Prometheus Leader’, que acaba de terminar a súa corentena no porto de Vigo (decretada tras detectarse un brote de Covid-19 da variante india), recibiron a alta hospitalaria este sábado. Así o confirmaron as autoridades sanitarias, despois de que este venres recibira a alta o primeiro do oito tripulantes dese cargueiro ingresados no Hospital Vithas de Vigo, tras a súa evolución favorable e despois de dar negativo na última proba PCR á que foi sometido.

Deste xeito, catro do oito tripulantes do buque con bandeira de Singapur seguen hospitalizados, dos que un deles atópase na UCI. Por outra banda, ingresaron outros tres dos tripulantes doutro buque ro-ro, xemelgo do primeiro, o ‘Emerald Leader’, que permanece en corentena no peirao de Rande tras detectarse 10 casos positivos de Covid-19, debido tamén á variante india do virus. En suma, serían oito os casos deste barco con bandeira de Bahamas que permanecen hospitalizados e que elevan a doce o total de pacientes ingresados de ambos os buques, todos eles “estables”, engaden as mesmas fontes.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...