InicioSociedadePitadas e concentracións de barcos no paro "maioritario" da frota artesanal galega...

Pitadas e concentracións de barcos no paro “maioritario” da frota artesanal galega pola norma europea

Armadores de Vigo apoian ao sector e o BNG referenda a súa oposición a este regulamento "lesivo" que "ignora a realidade da frota galega"

PUBLICADO O

- Advertisement -

As confrarías de pescadores de Galicia celebraron este venres diversas mobilizacións en Galicia, polas que, a través de pitadas, concentracións e un paro que consideraron “maioritario”, protestaron contra o novo regulamento de control que pretende implementar a Unión Europea.

Así, de acordo coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores, nesta segunda xornada de protesta do sector artesanal galego houbo concentracións da frota “ao longo de todo o litoral” e en “todas as rías”.

Baixo a lema ‘Non á modificación do regulamento de control. Somos pescadores, non delincuentes’, “máis de 4.300 embarcacións permaneceron amarradas” e “preto de 3.500” mariscadoras a pé sumáronse á mobilización. “O apoio por parte das confrarías de pescadores pódese considerar do 100%”, selou.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, certificou que “o paro é grande” en Galicia e, de feito, interpretou que é maioritario, “tendo en conta que non é só a pesca de extracción, senón que tamén o marisqueo”.

O patrón maior de Burela precisou que o que reivindican é “o lóxico menos para quen lexisla, na responsabilidade de cumprir algunhas obrigacións e o que queren introducir nesta modificación do regulamento de control”, como a geolocalización e a obrigación de transmitir datos. “Hai moitas embarcacións de artes menores ás que lles vai a ser imposible” implantar estas modificacións, asegurou, a colación do que lamentou o “complicado que é levar un aparello, aínda que sexa un teléfono móbil, sen que se che molle para reportar datos”.

Así mesmo, no caso das embarcacións de marisqueo e mariscadores, explicou que “ao chegar a terra pasan un punto de control que teñen para descargar, dese punto de control pasan os datos á confraría e a confraría pásallos tamén de forma telemática á Consellería (de Pesca)”.

APOIO “IMPRESCINDIBLE”

Na cidade olívica, o presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo (ARVI), Javier Touza, comentou que aínda que a maioría dos asociados da entidade que representa son da frota de altura e gran altura, entenden que “é imprescindible apoiar as reivindicacións dos máis pequenos“, pois “aínda que son barcos pequenos representan miles de familias”.

“Galicia é unha zona moi altamente dependente da pesca, é necesario seguir reforzando esta mensaxe de cara a Bruxelas, que se entenda a realidade socio-económica da pesca”, remarcou, insistindo en que “non se poden aplicar as mesmas normativas á frota industrial que á frota artesanal”.

Neste sentido, manifestou que os barcos de pesca artesanal poden ter apenas 6 metros, dous tripulantes, “non teñen moitas veces nin corrente eléctrica nin ponte” e ademais “traballan a poucas horas da costa, e unha vez que acaban van ás lonxas e reportan todo oficialmente”.

Así, considerou que elementos como a xeolocalización supoñen “un sobrecusto, complica moitísimo –o seu– labor”. Así mesmo, apuntou que “hai zonas con concentración de 400-500 pequenos barquitos, que faría moi difícil discriminar o sinal entre cada un deles”. Tamén o marisqueo a pé veo “con moitísima preocupación”.

Así as cousas, considerou que a normativa europea o ten “un descoñecemento da realidade deste tecido socio-económico especialmente característico en Galicia”, o que afecta a “toda a armazón” e “toda a cadea” de valor, especialmente “nesta situación de pandemia que están a sufrir especialmente esta xente tan humilde da frota artesanal”.

RESPALDO DO BNG

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a deputada Carmela González, acudiron tamén á mobilización de Vigo, onde referendaron a oposición da formación ao aumento dos controis na pesca artesanal e no marisqueo que contempla o novo regulamento de Control da Pesca europeo.

Así, reclamaron que a pesca artesanal galega sexa excluída desta normativa, que consideran “moi lesiva” e que “ignora por completo a realidade da frota galega”, mostrando “o descoñecemento que en Europa teñen do sector pesqueiro” da Comunidade.

Pola súa banda, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, sumouse ás mobilizacións en Ribeira, onde trasladou o seu “total apoio fronte a unha regulación inxusta que establece máis controis sobre unha frota que está hipercontrolada”. “Esta situación volve demostrar que na Unión Europea non coñecen cal é a realidade do sector pesqueiro galego”, resolveu.

ÚLTIMAS

Caballero “tende a man” a Rueda e pide un encontro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu un encontro co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, para...

O Concello media coa compañía eléctrica para que reactive a luz á familia do Calvario con dous fillos menores

Os servizos sociais do Concello de Vigo mediaron coa compañía eléctrica para solicitar a reactivación da...

Descenden os cuceiristas no porto de Vigo

O porto da Coruña recibiu un total de 74.263 pasaxeiros de cruceiros no primeiro...

(Vídeo) A Confederación Hidrográfica investiga o vertido da cidade deportiva do Celta tras a denuncia de Ecoloxistas en Acción

Este martes, representantes de Ecoloxistas en Acción, xunto con membros das traídas de auga...