InicioSociedadeO xerente da área Sanitaria de Vigo ve un "éxito" no cribado...

O xerente da área Sanitaria de Vigo ve un “éxito” no cribado a empregados de empresas pesqueiras

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, comentou que este cribado xurdiu tras a petición do Porto, polo que se mostrou "agradecido" á Área Sanitaria e á Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, celebrou o “éxito importante” do cribado convocado este luns no Porto vigués para traballadores pertencentes a empresas usuarias do Porto Pesqueiro da cidade olívica, ao que están chamados a participar a 1.200 empregados.

En declaracións durante a visita, Puente indicou que ao mediodía xa acudiran ao cribado máis do 50 por cento de total de persoas convocadas, o que considerou “un éxito importante”.

Nesta liña, apuntou que esta iniciativa xorde por mor da procura de “alternativas” fronte á “pouca asistencia” rexistrada nos últimos cribados, a partir do que se optou por achegalos á poboación. Así, a semana pasada estiveron nos mercados, nos que houbo “moito éxito de participación”.

Pola súa banda, o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña, comentou que este cribado xurdiu tras a petición do Porto, polo que se mostrou “agradecido” á Área Sanitaria e á Xunta, “que queren chegar aos diferentes sectores profesionais e, en concreto, ao mundo da pesca e do porto”.

Este cribado prodúcese despois de iniciarse o procedemento do convenio entre a Xunta e o Instituto Social da Mariña (ISN) para a vacinación dos mariñeiros, sobre o que o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, confirmou que a idea é empezar polas listaxes de mariñeiros de frota de altura e gran altura e, a continuación, baixura.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...