InicioPolíticaA Xunta "analizará" os motivos polos que o Concello de Vigo multou...

A Xunta “analizará” os motivos polos que o Concello de Vigo multou a pancarta do albergue do Berbés

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, vinculou este novo enfrontamento entre a Xunta e o alcalde olívico, Abel Caballero, con que o rexedor "ten decidido que o Camiño de Santiago non existe en Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente primeiro da Xunta e responsable da área de Turismo, Alfonso Rueda, asegurou que o seu departamento “analizará” os motivos xurídicos que esgrime o Concello de Vigo para pretender multar a colocación de pancartas institucionais do albergue de peregrinos situado no Berbés.

Preguntado respecto diso polos medios de comunicación, durante a presentación este sábado en Santiago do expositor de Galicia para a 41ª edición da Feira Internacional de Turismo (Fitur), Rueda vinculou este novo enfrontamento entre a Xunta e o alcalde olívico, Abel Caballero, con que o rexedor “ten decidido que o Camiño de Santiago non existe en Vigo”.

É curioso. O Concello de Vigo é o único concello de Europa que, tendo a sorte de ser atravesado por un dos camiños que leva a Santiago, prohibe que estea sinalizado e, por tanto, os pregrinos se perdían”, explicou.

Neste contexto, o vicepresidente galego lembrou como o seu departamento alcanzou esta mesma semana un acordo cos hostaleiros, que son “os primeiros prexudicados” por esta situación, para adoptar “un sistema de sinalización alternativo” na cidade.

Parece que iso enfadou ao alcalde de Vigo e reaccionou dicíndolle á Xunta que lle vai a sancionar polo feito, fixar vostede, de colocar unha lona no albergue público que fixo a Xunta no Berbés”, engadiu.

Por iso, Alfonso Rueda dixo non entender “que tirria” lle ten ou “por que non lle gusta o Camiño de Santiago” ao rexedor, cando “beneficia a moitísima xente” nesta urbe.

Así, máis aló desta polémica, o tamén conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo prometeu analizar as “consideracións estritamente xurídicas” de por que a pancarta institucional non pode colgar do albergue. “E por suposto cumprirémolas”, concluíu.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...