InicioEconomíaOrganizado un programa para formar a pemes en dixitalización e "para...

Organizado un programa para formar a pemes en dixitalización e “para que aprendan a desconectar”

Trátase dun programa formativo pensado para pemes e autónomos que necesitan incorporar ferramentas dixitais que lles permitan ser máis competitivas e eficientes na xestión dos seus recursos, pero tamén para que os traballadores "aprendan a desconectar".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio de Zona Franca e a Asociación de Novos Empresarios (AJE) de Vigo presentaron este mércores un programa formativo pioneiro dirixido a pemes e autónomos co que pretenden aportales ferramentas para desenvolverse no mundo dixital, pero tamén “para que aprendan a desconectar”.

No acto de presentación, o delegado de Zona Franca, David Regades, lembrou que no mundo actual, un programa como este é útil para facilitar ferramentas dixitais ás empresas, pero tamén é necesario que as persoas “poidan atopar un equilibrio entre o dixital e elas mesmas”. “Porque detrás da dixitalización das pemes e autónomos hai persoas que necesitan o seu espazo”, subliñou.

Pola súa banda, Iván Suárez Fernández, presidente de AJE Vigo, puxo en valor “a colaboración público-privada para a realización deste programa e o apoio de Zona Franca á empresa e o emprendimiento”.

Trátase dun programa formativo pensado para pemes e autónomos que necesitan incorporar ferramentas dixitais que lles permitan ser máis competitivas e eficientes na xestión dos seus recursos, pero tamén para que os traballadores “aprendan a desconectar”.

A formación dura cinco semanas e cada semana terá unha sesión ‘on’ e outra ‘off’. Así, abordaranse cuestións como o manexo de Whatsapp, a mercadotecnia para pemes e autónomos, os ‘microinfluencers’, ‘Google my business’, ferramentas de cobro en liña ou sobre ciberseguridade (na parte ‘on’) e o control postural, alimentación na contorna laboral ou ‘mindfulness’ (na parte ‘off’)

O programa, que é gratuíto para asociados de AJE e participantes en aceleradoras e viveiros de Zona Franca, comeza o 11 de maio e contará con formadores como Alberto Falcón, Óscar Cumí, José Alcañiz, Roberto González, Álvaro Muzas, Nicolás Piedrafita, Vitoria Ambrós e Cintia Salido.

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...