InicioSociedadeO Sergas ofrecerá probas PCR este mércores e o xoves ao persoal...

O Sergas ofrecerá probas PCR este mércores e o xoves ao persoal e aos usuarios dos mercados de Vigo

Deste xeito, este mércores, 5 e maio, realizarase o cribado nos mercados de O Progreso e Teis, mentres que o xoves día 6 as probas terán lugar nos de O Calvario e As Travesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) prosegue cos cribados poboacionais para detectar casos de Covid-19 e entre este mércores e xoves ofrecerá probas PCR a persoal e usuarios dos mercados de Vigo.

Segundo informou a área Sanitaria de Vigo nos próximos dous días varios equipos de profesionais sanitarios desprazaranse aos mercados da cidade olívica para ofrecer a realización de probas PCR tanto ao persoal que traballa neles como aos usuarios que acudan a realizar as súas compras.

Deste xeito, este mércores, 5 e maio, realizarase o cribado nos mercados de O Progreso e Teis, mentres que o xoves día 6 as probas terán lugar nos de O Calvario e As Travesas.

CRIBADO EN LAZA

Por outra banda, a área sanitaria de Ourense destacou que no cribado realizado no municipio de Laza con 307 mostras recollidas saldouse cun 76,75 por cento de participación.

Neste caso o cribado de Laza, ao que estaban convocadas 400 persoas de entre 16 e 74 anos este luns pola tarde, non detectou casos positivos de Covid-19 entre as probas realizadas.

O municipio de Laza permanece desde este pasado luns pechado perimetralmente e ten prohibidas as reunións de non convivientes e a hostalaría só pode funcionar con servizo para levar ou entrega a domicilio, ao atoparse en nivel de restricións máximas debido á súa situación epidemiolóxica.

ÚLTIMAS

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...

A Fiscalía pide ano e medio de prisión para un home acusado de acosar con insultos homófobos a un traballador en Vigo

Un home de 39 anos enfróntase a unha petición fiscal de ano e medio...

Condenan ao Concello de Vigo por incumprimentos en materia de riscos laborais e debe indemnizar a 4 funcionarios

O Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Social, praza 3, condenou o Concello de...

Tres mergulladores denunciados en Vigo por capturar polbo de talla inferior e extraer case seis quilos de bivalvos

A Policía Local de Vigo denunciou nos últimos días a tres persoas por irregularidades...