InicioEconomíaAdif construirá no Porriño un apartadeiro para trens de mercadorías de ata...

Adif construirá no Porriño un apartadeiro para trens de mercadorías de ata 750 metros

Tamén creará un sistema de drenaxe para evitar inundacións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Adif licitou por uns seis millóns de euros un contrato para a ampliación de vías de apartado de 750 metros de lonxitude no actual apartadeiro das Gándaras (O Porriño), situado na liña férrea de ancho convencional Monforte de Lemos- Bifurcación Chapela.

Segundo informou Adif, esta actuación de mellora enmárcase na potenciación do Corredor Atlántico, que inclúe a conexión ferroviaria con Galicia a través do eixo A Coruña-Vigo-Ourense-León, promovendo os tráficos de mercadorías.

Así mesmo, a execución desta obra, explica Adif, “permitirá tanto a formación e expedición de trens con lonxitudes de 750 metros xerados na propia terminal como o cruzamento de trens de lonxitudes de 750 m, o que permitirá aumentar a capacidade da liña”.

A licitación, cun orzamento de 6.134.001,72 euros (IVE incluído), inclúe a ampliación nunha lonxitude de 750 metros da vía 3 e a adecuación do resto de vías de apartado á nova situación, e a súa electrificación con similares características ás existentes.

Ademais, instalarase un desvío de acceso lado Vigo que conecte a vía de apartado coa vía xeral que permitirá a saída/entrada á estación desde esa banda.

Tamén abarca a demolición do actual gabinete técnico e construción dun novo nunha localización distinta da actual, para o que tamén se executará a urbanización, o acceso e a reserva de espazo para a construción dun edificio técnico onde se incluirán as instalacións de seguridade e telecomunicacións.

EVITAR INUNDACIÓNS

E inclúe a modificación do sistema de drenaxe existente na actualidade co obxectivo de “evitar as frecuentes inundacións que afectan, tanto á zona industrial próxima como aos terreos ferroviarios lindeiros”.

“Este investimento inclúese no obxectivo de Adif de mellorar as infraestruturas ferroviarias aumentando a capacidade e fiabilidade da rede para incrementar os tráficos de mercadorías”, destaca.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Prohibida a pesca do choco nas rías de Vigo e Pontevedra durante máis de tres meses

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este xoves as resolucións da Consellería do...

PP e BNG de Vigo acusan que se impediu aos feirantes acdeder ao Concello e o goberno local négao

Os grupos municipais do PP e o BNG criticaron este xoves que se impediu...