InicioSociedadeAutorizadas as obras para o primeiro cemiterio ecolóxico de mascotas en Galicia

Autorizadas as obras para o primeiro cemiterio ecolóxico de mascotas en Galicia

O proxecto contou co asesoramento do Concello de Vigo, dentro do programa Vigo Emprende, e prevé a construción do cemiterio ecolóxico na parroquia de San Andrés de Comesaña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A concellaría de Urbanismo do Concello de Vigo deu luz verde á licenza para construír o primeiro cemiterio ecolóxico para mascotas de Galicia, unha iniciativa privada que conta cun orzamento de 200.000 euros.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, este martes en rolda de prensa, o proxecto contou co asesoramento do Concello, dentro do programa Vigo Emprende, e prevé a construción dun cemiterio ecolóxico para mascotas na parroquia de San Andrés de Comesaña, preto do antigo vertedoiro do Zondal.

Esta iniciativa, que lidera a firma Raíces Celtas, prevé a recuperación da parcela mediante unha cuberta vexetal, así como a rehabilitación de edificacións existentes e que están en estado ruinoso. Trátase dunha proposta ecolóxica na que as cinzas das mascotas deposítanse en urnas biodegradables, feitas con produtos naturais.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...