InicioSociedadeEstimado o recurso de Audasa contra a sentenza que a condenou a...

Estimado o recurso de Audasa contra a sentenza que a condenou a devolver as peaxes polas obras da AP-9

O xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra condenou a Audasa a restituír o importe cobrado de forma "abusiva" aos usuarios afectados por eses problemas, rexistrados entre febreiro de 2015 e xuño de 2018.

PUBLICADO O

A sección primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra estimou o recurso de Audasa, concesionaria da AP-9, contra a sentenza que a condenaba a devolver as peaxes aos usuarios da autoestrada afectados polas incidencias xeradas polas obras na ponte de Rande, e que ocasionaron numerosas retencións.

O xulgado do Mercantil 1 de Pontevedra condenou a Audasa a restituír o importe cobrado de forma “abusiva” aos usuarios afectados por eses problemas, rexistrados entre febreiro de 2015 e xuño de 2018 (período no que se desenvolveron as obras de ampliación da autoestrada).

Tanto Audasa como a Fiscalía e a asociación En Colectivo presentaron recurso de apelación. Agora, a Audiencia Provincial estimou o recurso da concesionaria, aínda que desestimou os recursos interpostos polo resto das partes.

ÚLTIMAS

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...

Poñen marcha un servizo de aluguer de bicis eléctricas en Vigo, dispoñibles en sete aparcadoiros da cidade

A compañía Welgood puxo en marcha un servizo de aluguer de bicicletas eléctricas en...