InicioSociedadeDenuncian o "abandono" do barrio de Navia: "o Concello segue sen dar...

Denuncian o “abandono” do barrio de Navia: “o Concello segue sen dar solucións”

Denuncian "desperfectos graves" no mobiliario, así como 'fochancas' e parques pouco atendidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Pouco despois de que a Xunta pisara o acelerador ao proxecto para desenvolver o parque público de vivenda en Navia veñen de xurdir denuncias da banda dos veciños do barrio contra o estado de “abandono” da zona. A denuncia veciñal, que vén de ser canalizada polo Partido Galego, afecta a diversos aspectos da área.

A formación reclama atención por parte do goberno local xa que, segundo eles mesmos sinalan “se senten ignorados ante o estado de abandono que está a vivir a zona”. “O maior parque urbano de Vigo está sendo totalmente desatendido e sen mantemento mínimo”, explican a respecto dunha problemática que deriva en que “a xestión de parques e xardíns non está cumprindo o seu cometido de poda de árbores e limpeza”.

A formación indica a este respecto que, de acordo cos veciños, os servizos do Concello só acoden a atender á zona si se producen numerosas chamadas de queixas ao consistorio. “O abandono tamén se produce no ámbito do solo con danos nos sumidoiros e fochancas sen cubrir que son perigosas para os viandantes. O goberno local non deu solución e só se limitou a sinalizar as zonas afectadas”, subliñan.

PROPOSTAS

Ante estas problemáticas, ás que se unen os danos e mesmo “desperfectos graves” de “parte do mobiliario da zona de Navia”, o PG propón levar a cabo ese mantemento e limpeza que, segundo as denuncias, non se dá, cubrir as fochancas que apreciar na área e a “reparación ou substitución” do mobiliario urbano danado.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...